Skip to Content

 

Punto Laranxa contra o acoso escolar

.

 

 

PORTAS ABERTAS

 

CEIP RAMÓN DE LA SAGRA 

CURSO 2021-2022

 

Se queredes descubrir como é o noso cole pica na seguinte foto para ver o vídeo.

 

 

PARA MÁIS INFORMACION PREMA NA IMAXE QUE APARECE A CONTINUACIÓN!!

 

 

 

 

Se tedes algunha dúbida atenderemos a través do correo electrónico

ceip.ramon.sagra@edu.xunta.es ou teléfono do centro.

 

 

PORTAS ABERTAS CURSO 2021-2022

Benqueridas familias, 

Este ano, debido a situación sanitaria na que nos atopamos, non podemos realizar as Xornadas de Portas Abertas como é habitual no colexio.

Por iso, nos vindeiros días, publicaremos un vídeo para que poidades coñecer un pouco as instalacións do centro, así como os servizos ofertados.

Para calquera dúbida estamos a vosa disposición, a través do teléfono ou correo electrónico do centro.

Un saúdo, 

O Equipo Directivo.

ENTROIDO 2021

 

Benqueridas familias, 

Como ben sabedes este ano non podemos celebrar o entroido como é habitual no colexio.

Por iso vos presentamos a un novo membro do CEIP Ramón de la Sagra!

 

Esta é RAMONCIÑA! 

 

 

Ela será a encargada de informar o que temos que traer cada día,

así que estade moi atentos!

Esperamos que gocedes e vos animedes a participar!

Unha aperta!

 

INFORMACIÓN CASO POSITIVO NO CENTRO

Benqueridas familias, 

 

Acaban de informarnos dun caso positivo por COVID no centro.

En todo momento seguimos as indicacións da Xefatura de Sanidade que é quen determina as medidas a adoptar, notificando a aquelas familias afectadas o proceder ante esta situación.

O restante alumnado pode acudir con normalidade ao centro.

 

Un saúdo, 

O Equipo Directivo

 

 

 

RESERVA DE PRAZA PARA O ALUMNADO DE 6º ED. PRIMARIA NO IES OTERO PEDRAYO

Á ATENCIÓN DAS NAIS, PAIS OU TITORES LEGAIS DO ALUMNADO

DE SEXTO CURSO DE EDUCACIÓN PRIMARIA


De acordo co establecido na Orde do 18 de decembro pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se pola que se regula o procedemento para a admisión do alumnado nos centros sostidos con fondos públicos, comunícolles o seguinte:

1. Aos efectos da continuidade de estudos do actual alumnado de sexto curso que promocione á etapa de educación secundaria obrigatoria, este Centro está adscrito ao IES Ramón Otero Pedrayo.

2. A circunstancia de estar este Centro adscrito ao citado IES supón que o noso alumnado terá prioridade para a admisión. Isto non quere dicir que obteñan praza. Deben consultar as listaxes de admitidos que se publicarán con data límite do 28 de febreiro.

3. As familias que no vindeiro curso 2021-2022 desexen que os seus fillos cursen estudos no referido instituto deberán presentar no noso Centro, entre os días 11 de xaneiro e 8 de febreiro, o modelo de solicitude debidamente cuberto que se xunta a este escrito (anexo I da Orde do 12 de marzo de 2013). O alumnado deberá entregar as solicitudes debidamente cumprimentadas, ao titor/a.

                   Se vostedes o prefiren, tamén poden realizar a reserva directamente na aplicación admisionalumnado, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia.

4.O alumnado de 6º curso deste Centro que, de acordo co dito anteriormente, non faga no prazo establecido a reserva de praza para o citado instituto, ou resulte NON admitido, deberá participar no proceso xeral de admisión como se fose alumnado novo, debendo presentar cumprimentando no IES da súa preferencia, do 1 ao 20 de marzo, o documento que se publica como anexo II da citada Orde do 12 de marzo.

5. A reserva no IES adscrito ten carácter vinculante e será incompatible coa presentación da solicitude noutro centro, salvo renuncia expresa por escrito presentada no centro de adscrición antes do inicio do prazo ordinario de presentación de solicitudes de admisión.   A presentación da solicitude noutro centro dará lugar a perda de prioridade.

6. O alumnado deberá formalizar a matrícula no IES entre o 25 de xuño e o 10 de xullo. 

 

Para mais información poden consultar o seguinte enlace:

 http://www.edu.xunta.gal/portal/node/32849

 

Un saúdo, 

O Equipo Directivo.

BO NADAL

 

TODO O PERSOAL

DO CEIP RAMÓN DE LA SAGRA

DESÉXAVOS UN

 

BO NADAL E UN FELIZ ANO 2021!! 

 

 

 

 

MATERIAL CONCELLO


Concello da Coruña, dende a Concellería de Educación, quere colaborar ca situación actual achegando o seguinte material a distribuir entre o alumnado da seguinte forma: 

5º e 6º de Educación Infantilbotellas de aluminio.

1º e 2º de Educación Primariabotellas de aluminio.

3º e 4º de educación Primariamáscaras reutilizables.

5º e 6º de Educación Primariabotes de hidroxel.

 

Un saúdo.

ENTREGA DE MÁSCARAS

Benqueridas familias, 

 

Xa está publicada a listaxe definitiva de alumnado beneficiario de máscaras. 

As datas para a recollida das mesmas será o seguinte:

- MARTES 15 DE DECEMBRO: de 16:15 a 18:00h alumnado de 4º 5º e 6º de EDUCACIÓN PRIMARIA.

- MÉRCORES 16 DE DECEMBRO: de 16:15 a 18:00h alumnado de 1º 2º e 3º de EDUCACIÓN PRIMARIA.

 

A persoa que deberá recoller as máscaras é a mesma que realizou a solicitude do cheque de material. No caso de non poder asistir terá que autorizar por escrito a persoa correspondente.

Un saúdo.

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS PARA A DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS

Benqueridas familias, 

Xa están publicadas na cristaleira do centro as listaxes de admitidos e excluídos para a  distribución de máscaras. 

O prazo de reclamación será de dous días hábiles dende o momento da publicación, o que corresponde cos días 1 e 2 de decembro.

Unha vez publicadas as listaxes definitivas informarase a través da PÁXINA WEB do procedemento para a distribución das máscaras entre o alumnado beneficiario das mesmas. 

Un saúdo, 

O Equipo Directivo

OBRAS XIMNASIO

Benqueridas familias, 

 

Por mor das OBRAS que se realizarán no XIMNASIO (apertura de ventás) os vindeiros días luns 30 de novembro, martes 1 e mércores 2 de decembro as entradas e saídas do alumnado de Educación Infantil será según se explica a continuación:

- As familias NON poderán ACCEDER ao recinto escolar.

- As MESTRAS de cada grupo saíran ao portalón ás horas establecidas a recoller ao alumnado:

    9:05: 5º Educación Infantil

    9:15: 6º Educación Infantil

    9:30: 4º Educación Infantil 

 

- A SAÍDA o proceder será o mesmo. As mestras achegaran ao alumnado ao portalón e procederán a entrega as respectivas familias no horario habitual.

- Prégase PUNTUALIDADE, non se poderá acceder fóra de horario. Se se producise algún retraso na hora de entrada deberán esperar á seguinte quenda. 

 

Un saúdo,

O Equipo Directivo

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut