Skip to Content

 

Punto Laranxa contra o acoso escolar

ELECCIÓNS/RENOVACIÓN CONSELLO ESCOLAR 2024

ELECCIÓNS/RENOVACIÓN CONSELLO ESCOLAR 2024

Estimada comunidade educativa:

seguindo co proceso que se está levando a cabo no noso centro de eleccións/renovación de postos no Consello Escolar, adxúntase a

2ª ACTA DE REUNIÓN DA XUNTA ELECTORAL,

onde aparecen todas/os candidatas/os que se presentan dos diferentes sectores.

Non dubiden en botarlle un ollo, e moitas, moitas grazas pola sempre inestimable implicación na vida do centro.

* Os membros que estarán na mesa electoral aparecen en negro, posto que aínda hai que contactar con eles/as para ver a súa disponibilidade no día da votación.

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2024. SECTOR REPRESENTANTE DOS RESPONSABLES DO ALUMNADO

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2024.

SECTOR REPRESENTANTE DOS RESPONSABLES DO ALUMNADO

Estimadas familias:

 

Segundo a acta da Xunta Electoral, hoxe publícase o censo do sector das familias (nai/pai/titor/a legal).

 

As mesmas pódense consultar no hall do centro en horario lectivo agás na hora do patio (das 11:30h ás 12:00h).

 

Lembren que para poder votar deben estar inscritas no censo.

 

Se houbese algún erro deberán indicárnoslo para poder solventalo na Xunta Electoral.

 

Do mesmo xeito, engádese adxunto a folla de credencial de presentación de candidatura, que poderán presentarse ata o 5 de novembro de 2024 ás 14:00h.

 

A presentación da candidatura poderá facerse via email do centro ou presencialmente na secretaría do centro.

 

Lembrar que do sector “responsables, familias”, toca renovar dous membros dos 4 existentes.

Grazas polo seu interese

A dirección

 

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2024

1ª ACTA DA XUNTA ELECTORAL DAS ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2024

A Coruña, a 22 de outubro de 2024

Estimada comunidade educativa:

por mor do inicio do proceso de eleccións ao Consello Escolar 2024 (renovación/substitución/elección de compoñentes), adxúntase a 1ª ACTA DA XUNTA ELECTORAL para o seu coñecemento e maior transparencia no proceso.

Grazas pola súa participación e interese.

A Direccion

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2024

COMUNICADO: ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2024

A Coruña, a 14 de outubro de 2024.

De conformidade co establecido na  RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos., realizarase proximamente neste Centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Colexio.

A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto, e integrada por:

·              O Director ou directora do Centro.

·              Unha mestra/e do centro.

·              Unha Nai/Pai/Titor legal.

·             Un/unha representante do persoal de administración e servizos.

Os tres últimos serán designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto). Dito sorteo, que será público e no que se preverá a designación de membros suplentes, celebrarase neste Centro o próximo día 15 de outubro no Hall de entrada ao centro, ás 13:00 horas.

Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar as súa candidatura para formar parte do novo Consello Escolar deberán seguir as instrucións que figurarán nas distintas convocatorias que proximamente se farán públicas pola Xunta Electoral do Centro.

 

O DIRECTOR DO CENTRO,

REUNIÓN 2º PRIMARIA

REUNIÓN 4 ANOS (5º INFANTIL)

ORGANIZACIÓN ENTRADAS E SAIDAS E HORARIO LECTIVO CURSO 2024/25

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS: ENTRADAS E SAÍDAS

A Coruña, a 10 de setembro de 2024

Estimadas familias, no documento adxunto informámoslles da organización de entradas e saídas ao centro para o curso 2024/25.

Prégase que non deixen de consultalo para evitar dúbidas.

Por outra banda, mañá mércores 11 de setembro será un día especial por moitas cousas, así que... será bo que esperedes un anaquiño más coas vos@s fill@s no patio antes de entrar... e non podemos dicir máis ..

Todo será especial.

Apertas

A dirección.

LISTAXES AGRUPAMENTOS CURSO 24-25

Estimadas familias,

Mañá, día 10 de setembro, a partir das 10:00 h. publicaranse na entrada do centro as listaxes de distribución do alumnado por cursos.  

Un saúdo.

TRANSPORTE ESCOLAR 2024-2025

O horario e distribución das paradas será o seguinte:

REUNIÓN 6º DE PRIMARIA

Distribuir contido


by Dr. Radut