A Deputación da Coruña adxudicoulle ao Concello de Santiago 18 prazas para participar no Campamento Deportivo de Verán, na quenda 3ª, do 15 ao 20 de xullo.
Poderán participar os rapaces e rapazas empadroados en Santiago e que teñan entre 9 e 14 anos, cumpridos no presente ano 2018 (ambas idades incluídas).
O prazo de solicitude remata o 15 de xuño.
As titoras de 6º faranlles entrega dos historiais académicos de educación primaria o día 28 de xuño en horario de 10 a 12. Os pais/nais, titores/as legais que non poidan vir ese día poderán recoller dita documentación en secretaría en horario de 9 a 14.