En véspera do Día das Letras Galegas tivemos a sorte de contar con Rosalía Morlán, poetisa galega, que estivo animando á lectura ao noso alumnado de 1º e 2º curso de educación primaria. Con ela mergullámonos en diferentes historias a través de personaxes tan curiosos como o sapo Rosendo e o dragón Antón.
Así, deste xeito, puidemos achegarnos á poesía en galego tendo en conta situacións da vida cotiá: a nosa contorna máis inmediata e os animais como fonte de inspiración. Algúns rapaces e rapazas xa se declararon ferventes defensores da escrita e xa contan cos seus primeiros poemiñas e contos. Unha delicia!
Ademais, Rosalía tamén quixo deixarnos unha serie de deberes para traballar todos os días: 1. Ler moito.2. Traballar na casa e no colexio.3. Ser solidarios e bos compañeiros/as.
Un pracer compartir parte da mañá con ela!