Por terceiro ano consecutivo alumnos/as de Medicina da USC, realizaron a actividade coñecida como "Teddy Bear Hospital" co obxectivo de normalizar a relación entre paciente-médico e promover hábitos saudables, como a alimentación e a hixiene. A base de xogos os estudantes da facultade foron os médicos e os alumnos/as de 1º de primaria foron acompañantes dos seus bonecos enfermos.