A Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) pon á vosa disposición unha importante selección de materiais relacionados coas festividades destas datas e que vos poden ser moi útiles nesta situación de confinamento. Entre outros, destacan os relacionados coa celebración do Día do Libro (videocreacións, booktrailers, booktubers…). Tédelos en:
https://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/equipos-de-dinamizacion-da-lingua-galega/datas-sinaladas/listado?tipo_recurso=Xestion/recurso/Dia_do_Libro/
https://www.cultura.gal/gl/aculturasegue
Neste mesmo espazo do Portal da Lingua tamén atoparedes unha gran variedade de recursos educativos e lúdicos para divulgar a vida e a obra de Ricardo Carvalho Calero, autor homenaxeado o Día das Letras Galegas 2020 (unidades didácticas, audiovisuais, pasatempos, xogos…). Mirade en:
https://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/dia-das-letras-galegas
Mención á parte merece, neste período de crise sanitaria, O meu paso polo quirófano, un álbum ilustrado editado pola SXPL para axudarlles ás rapazas e aos rapaces hospitalizados a pasar polo transo dunha intervención cirúrxica. Podedes descargalo nesta ligazón:
https://www.lingua.gal/recursos/todos?content=/Portal-Lingua/Contido/recursos/promovelo/contido_421.html