Skip to Content

Curso 2017/18

RECOLLIDA DE VALES

A partir do mércores, 5 de xullo, poden recoller os VALES das axudas de material escolar e os VALES para libros de texto de 1º e 2º de primaria.

(As listaxes provisionais do programa fondo libros de 3º a 6º de primaria publicaranse o 10 de xullo)

MATRÍCULA COMEDOR E MADRUGADORES

Apertura dos prazos de matrícula dos Servizos de Comedor e de Madrugadores na Rede de Centros Públicos de Educación Infantil e Primaria do Concello de Santiago de Compostela para o curso 2017-2018

Prazo de matrícula: do 2 de xuño ata o 23 de xuño 2017 (ambos os dous incluídos)

Lugar: O impreso de solicitude de matrícula, debidamente cuberto entregarase no Rexistro Xeral do Concello de Santiago (Rúa do Presidente Salvador Allende 4, Galeras) ou no Rexistro auxiliar do Centro Sociocultural do Ensanche (Frei Rosendo Salvado, 14-16 Baixo), nos prazos establecidos.

Ficha de matrícula

Máis información

BOLSAS COMEDOR E AXUDAS MATERIAL E ACT. EXTRAESCOLARES

Publícanse as bases reguladoras e convocatoria para a concesión de bolsas de comedor, adquisición de material escolar e realización de actividades extraescolares  para o alumnado dos centros docentes públicos e privados de educación infantil (segundo ciclo) e de educación primaria obrigatoria do Concello de Santiago de Compostela, para o curso 2017/2018.

As solicitudes presentaranse, no prazo de 15 días naturais, contados a partir do seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

PRAZO ATA O 15 DE XUÑO 

  Lugares de presentación: no Rexistro Xeral do Concello, rúa Presidente Salvador Allende, 2-4 ou no Rexistro auxiliar do Centro Sociocultural O Ensanche, rúa Frei Rosendo Salvado 14-16, baixo
 
Máis información e impresos

AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA 3º PRIMARIA

O martes 30 e o mércores 31 de maio realizarase a avaliación individualizada de 3º de primaria.

Circular da Consellería de Educación.

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS LIBROS E MATERIAL

No DOG do día 22 de maio de 2017 publícase a Orde do 16 de maio de 2017 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2017/18.

Prazo: remata o 23 de xuño de 2017 (incluido)

ENLACE WEB CONSELLERÍA  coa Orde e impreso de solicitude (Anexo I)

INSCRICIÓN RUTAS COLECAMIÑOS

         Ficha de inscrición nas rutas de colecamiños para o curso 2017/18 (Envíase tamén ás familias)

 O proxecto plantéxase para escolares de 3º curso en adiante, polo que sería convinte a inscrición desde o alumnado que remata 2º curso, xa que daría comezo no vindeiro curso. Tamén  hai pais e nais interesados en formar parte dos pecorridos acompañando a seus fillos e fillas de menos idade. 

Por parte da Policía Local, a comezos do próximo curso:

     Impartiranse charlas informativas e de formación en estratexias de uso seguro e responsable das vías públicas nas aulas, dos cursos de 3º en adiante. Durante horario lectivo. 

     Na mesma xornada, posta en práctica con saídas pola rutas que se poñan en marcha.

     Presenza nas rutas as primeiras semanas de activación para reforzo.

Achegamos un folleto explicativo para as familias que non poideron estar presentes na xuntanza do pasado 16 de maio.           

FOLLETO EXPLICATIVO COLECAMIÑOS

Distribuir contido


by Dr. Radut