Skip to Content

Curso 2018/19

"A Lenda de Aldara" by 5ºB

A clase de 5ºB cóntanos a "Lenda de Aldara" do Castelo de Doiras.


3:28 minutes (3.17 MB)

MAGOSTO 2018

VENRES, 2 DE NOVEMBRO

 

MÁIS INFORMACIÓN

 

TRABALLAMOS CO MILLO

...e realizamos distintas tarefas.

PASÁMOLO DE MEDO (I)

Primeiras lecturas terroríficas na biblioteca, hoxe 31 de outubro, Aldara, Julia e Clara de 4ºA leron "Rufus" e Antía e Irene de 4ºB "El tesoro perdido de la cueva del dragón".

O próximo mércores...máis.

COMPOSTEIRO

Dous membros de ADEGA deron unha charla didáctica, ao carón dos composteiros, para o alumnado de 5º de primaria sobre a recollida selectiva dos residuos para a elaboración de compost, continuando o traballo realizado ao longo do curso pasado.

"PASÁMOLO DE MEDO"

Comezan as V Xornadas "Pasámolo de medo" na biblioteca do Cole. Dende o vindeiro mércores 31 de outubro podedes desfrutar de lecturas verdadeiramente terroríficas na hora do recreo. Todos os mércores ata o 28 de novembro. Non o perdadesssss!

A Idade Moderna by 6ºA

Desde Radio Furelo temos o pracer de realizar unha dobre emisión sobre a Idade Moderna. Estade atentos para non perder nada.

Proximamente remataremos cunha entretida segunda entrega.

Un saúdo desde 6ºA


4:42 minutes (4.31 MB)

ROBÓTICA

O noso Centro foi admitido na resolución provisional para participar no programa de innovación educativa “Introdución á robótica educativa en primaria” en 6º,  durante o curso 2018/19.

EDUCACIÓN VIAL

Charla de educación vial para o alumnado de 4º de primaria. Xornada de formación da Policía Local sobre aspectos básicos da seguridade viaria,  cando a climatoloxía o permita sairán á rúa para levar a cabo unha sesión práctica.

CAMPAÑA DE CRIBAXE VISUAL

Dende a Facultade de Óptica e Optometría, en colaboración co Espazo Veciñal de Sar, profesores da Área de Optometría xunto co grupo ESCULCA da USC, organizan unha campaña de cribaxe visual en nenas e nenos coa fin de detectar:

  • Problemas de visión en lonxe e preto
  • Problemas funcionais da visión que poidan afectar a aprendizaxe
  • Signos indicativos de patoloxía ocular

Máis información premendo na imaxe.

Entrevista a Mª Carmen by 6ºB

Comezamos as emisións de Radio Furelo neste curso, o alumnado de 6ºB entrevista a Mª Carmen, a nosa conserxe.


6:02 minutes (5.53 MB)

SAÍDA DIDÁCTICA

Saída do alumnado de 3º e 4º de primaria ao Teatro Principal para asistir á proxección da serie de curtametraxes "Criaturas" dentro da programación do "Festival Curtocircuito 2018"

NOVIDADES COLECAMIÑOS

O Concello de Santiago de Compostela en colaboración co comercio de Compostela quere reforzar a participación no programa Colecamiños - Camiño Escolar Seguro e premiar os escolares que realicen unha mobilidade responsable e sustentable para acudir cada día con Moito Olliño aos seus respectivos centros escolares. 

O Concello entregará unha pulseira que haberá que pasala polo punto de control do Colexio para enviar unha mensaxe ás familias conforme se chegou ao Centro e gañar un punto, cos puntos acumulados canxeas agasallos.

Para recibir a pulseira é preciso rexistrarse na web  colecaminos.santiagodecompostela.gal

Aviso do Concello: A app WEB colecaminos.santiagodecompostela.gal solo reconoce un responsable por menor. As familias están inscribindo por duplicado aos seus fillos.  
De todos xeitos, si algunha familia en concreto ten dificultades coas custodias dos seus fillos, que no lo faga saber para aportarlle unha solución tecnolóxica co administrador web .

CALENDARIO DAS REUNIÓNS INFORMATIVAS

Datas das reunións informativas con pais/nais, titores/as legais de alumnos/as do Centro.

EDUCACIÓN INFANTIL

CURSO DÍA HORA
3 ANOS MARTES, 16 DE OUTUBRO 17:30
4 ANOS MARTES, 16 DE OUTUBRO 17:30
5 ANOS MARTES, 9 DE OUTUBRO 17:30

EDUCACIÓN PRIMARIA

CURSO DÍA HORA
1ºA/B LUNS, 8 DE OUTUBRO
17:30
2ºA/B MARTES, 23 DE OUTUBRO 17:30
3ºA/B  MARTES, 2 DE OUTUBRO 17:30
4ºA/B MARTES, 2 DE OUTUBRO 17:30
5ºA/B MARTES, 25 DE SETEMBRO 17:30
6ºA/B  MARTES, 9 DE OUTUBRO  17:30

ACTIVIDADE DO CONCELLO

Enlace á web do Concello coa programación da Semana Europea da Mobilidade dirixida a nenos e nenas. Desde o 21 de setembro.

BENVIDA CURSO 2018/2019

 

Benvidos e benvidas ao curso 2018/2019, adicado ao Renacemento e á Idade Moderna.

AXENDA ESCOLAR

Non merquen a axenda escolar para o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria xa que será proporcionada polo Centro.

MATERIAL 1º PRIMARIA

 Relación de material escolar para 1º de ed. primaria

Para os pais/nais que así o desexen poderán traer tanto os libros de

texto coma o material sempre co NOME E APELIDOS o 5, 6 e 10 de

Setembro en horario de 11.00 a 13:00. En caso contrario poderán

traelo ao inicio do curso.

LISTAXES ALUMNADO

As listaxes de alumnado por grupos estarán a disposición das persoas interesadas a partir do venres, 7 de setembro na conserxería do Centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut