Skip to Content

Curso 2017/18

HALLOWEEN 2017

This year the witches' brew goes through the classrooms.

 

 

LECTURAS TERRORÍFICAS IV

Hoxe rematamos as xornadas das lecturas terroríficas. Iria, Sofía e Sara de quinto A leron "A noite das mudanzas" e Noa G., Ánxela, Noa H., Lucía, Aldara e Alejandra de cuarto A "A peor noite de Halloween" escrita por Noa G. Moiras. Moitas grazas e... coidadiño pola noiteeeee.

LECTURAS TERRORÍFICAS III

Hoxe luns 30 continuamos coas nosas lecturas de terror! Adriana e Ánxela de cuarto leron "O Monstro do Armario". Carla de sexto A e Alejandra e Noa F. de cuarto A contaron "A Pantasma". Remataron a xornada Xoel, Antía e Ana de quinto A.

As Cabazas de Pelegrín by 6ºA

Os alumnos e alumnas de 6º A imos falar das Cabazas de Pelegrín.

 

 


1:58 minutes (1.8 MB)

MAGOSTO 2017

VENRES, 27 DE OUTUBRO

MÁIS INFORMACIÓN

GALERÍA DE FOTOS

LECTURAS TERRORÍFICAS II

Hoxe nas xornadas "Pasámolo de Medo" Matra, Moisés e Verónica de sexto B léronnos "El Tragaldabas" e Paula, Uxía Ramos. e Uxía Otero tamén de sexto B contaron "A Casiña de Chocolate", menudo medo...

 

LECTURAS TERRORÍFICAS

Na Biblioteca iniciamos as xornadas "Pasámolo de medo" con lecturas terroríficas!!. Continuaremos ata o vindeiro martes, 31. Hoxe nos contaron o conto "A vella na botella" Sofía e Iria de 5ºA e Noa F. con Luz Marina de 4ºA leron "A momia".

EDUCACIÓN VIARIA

Charla de educación vial para o alumnado de 4º de primaria por parte da Policía Local e paseo pola contorna para poñer en práctica todo o que aprendimos.

EXPOSICIÓN DO OUTONO

Dende o Centro queremos celebrar a chegada do outono cunha exposición (ler máis)

CHARLAS POLICÍA

Dous membros da Comisaría de Santiago da Policía Nacional  dirixiron unhas charlas informativas ao alumnado de 5º e 6º de primaria . Trátase do “Plan Director para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos e os seus entornos" e o uso das novas tecnoloxías e as redes sociais.

BENVIDA

Benvidos

Somos Juan Carlos e Tere, os profes que imos estar este curso nas clases de relixión con vós (ler máis)

A NOSA BIBLIO by 6ºB

Comeza a emisión de Radio Furelo no curso 2017/2018.

Os nosos compañeiros/as de 6ºB fálannos da Biblioteca do Cole.


5:02 minutes (4.61 MB)

SAÍDA

O alumnado de 4º de primaria asistiu á proxección dunha película  no Teatro Principal  dentro da 14ª edición do Festival "Curtocircuito"

INICIO COLECAMIÑOS

 Este venres, dia 22 de setembro de 2017, iniciase o “COLECAMIÑOS PARA O CEIP RAMÓN CABANILLAS”, por tres camiños seguros a pé para o alumnado. 

A Policía Local de Santiago nos acompañará e guiará polas rutas sinalizadas, para o cal nos atoparemos con eles nos puntos de encontro (inicio) de cada unha das rutas ás 8:45 da mañá.

Máis información

CALENDARIO DAS REUNIÓNS INFORMATIVAS

Datas das reunións informativas con pais/nais, titores/as legais de alumnos/as do Centro.

EDUCACIÓN INFANTIL

CURSO DÍA HORA
3 ANOS MARTES, 3 DE OUTUBRO 17:30
4 ANOS MARTES, 10 DE OUTUBRO 17:30
5 ANOS MARTES, 10 DE OUTUBRO 17:30

EDUCACIÓN PRIMARIA

CURSO DÍA HORA
1ºA MARTES, 31 DE OUTUBRO
17:30
1ºB  LUNS, 2 DE OUTUBRO 17:30
2ºA/B MARTES, 26 DE SETEMBRO 17:30
3ºA/B MARTES, 24 DE OUTUBRO 17:30
4ºA/B

 MARTES, 24 DE OUTUBRO

(4ºB: APRAZADA PARA O MARTES, 31 DE OUTUBRO ás 17:15)

17:30
5ºA/B MARTES, 3 DE OUTUBRO 17:30
6ºA/B  MARTES, 31 DE OUTUBRO  17:30

  

LISTAXES ALUMNADO

As listaxes de alumnado por grupos estarán a disposición das persoas interesadas a partir do 8 de setembro na conserxería do Centro.

SOLICITUDE BECAS NEAE

Publicada no BOE (12/08/2017) a convocatoria de becas e axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo

Prazo de presentación: 28 de setembro de 2017

Máis información

VALES AXUDAS

Lembramos que quedan familias por recoller en secretaría os VALES das axudas de material escolar e os VALES para libros de texto de 1º e 2º de primaria.

MATERIAL EDUCACIÓN INFANTIL

RELACIÓN DE MATERIAL DIDÁCTICO PARA EDUCACIÓN INFANTIL

 O material entregarase na aula o día 6 de Setembro de 10 a 13 h nunha bolsa co nome e curso.

PROCESO DE ADMISIÓN ALUMNADO 2017/2018

INFORMACIÓN DE DATAS, ORDE, ZONA DE ESCOLARIZACIÓN E DOCUMENTACIÓN

 

RELACIÓN DEFINITIVA DE ADMITIDOS/AS  E NON ADMITIDOS/AS

O PRAZO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA É DO 20 AO 30 DE XUÑO

(O prazo posto polo Concello para a matrícula nos servizos de comedor e madrugadores, que xestionan, é do 2 ao 23 de xuño)

Convócase aos pais/nais dos novos alumnos/as de 3 anos a unha reunión informativa que terá lugar o vindeiro mércores 28 de xuño ás 10 h.

Distribuir contido


by Dr. Radut