Con motivo do Día Internacional dos Dereitos da Infancia (20 de novembro), realizarase un obradoiro no MUSEO PEDAGÓXICO DE GALICIA en colaboración coa ONG Entreculturas.que xirará en torno ao dereito á educación dos nenos e nenas.
Data: venres, 24 de novembro, ás 18 horas. Duración: 1 hora e cuarto.
A actividade é gratuíta e dirixida a nenos e nenas de 7 a 10 anos.
Número de Prazas: 20
Forma de Inscrición: para formalizar a inscrición será preciso enviar un correo electrónico incluíndo o nome e apelidos, idade e centro educativo do neno ou nena que desexa asistir, e un teléfono de contacto á dirección.
museo.pedagoxico.galicia@edu.xunta.es
O correo debe ser enviado polo pai/nai/ titor do neno ou nena que se queira inscribir.
Data límite de inscrición: xoves, 23 de novembro, ata as 18:00 horas.
Lembrade que a inscrición, polo feito de ser gratuíta, leva aparellado o compromiso de asistencia, para que todas as nenas e nenos participantes poidan desfrutar dunha experiencia óptima. No caso de non poder asistir unha vez inscritos/as, rogamos encarecidamente que se dea aviso coa suficiente antelación por correo electrónico ou por teléfono (981 540 155/56); deste xeito, poderán asistir á actividade outros nenos ou nenas en lista de espera.