Skip to Content

Curso 2018/19

DÍA DO LIBRO

Que mellor maneira de celebrar o Día do Libro que asistindo a unha sesión de animación á lectura. Esta vez con Mark, quen nos foi falando en inglés e galego de "Sira e o robot", tamén houbo música e cancións. Pasámoño xenial!!

CAMPAÑA MUNICIPAL DE ANIMACIÓN Á LECTURA

XIX Campaña de Animación á Lectura organizada polo Concello e a Editorial Kalandraka no Auditorio de Abanca na Praza de Cervantes.

1º curso de primaria 5º curso de infantil

VISITA AO CITIUS

Alumnado de 5º de primaria do CEIP Ramón Cabanillas visitando o Centro Singular de Investigación de Tecnoloxías da Información da USC

 

O Descubrimento de América by 5 anos B

Hoxe, en Radio Furelo, a clase de 5 anos B cóntanos sobre a formación dos continentes e o descubrimento de América.


1:34 minutes (1.44 MB)

PDF

CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

VEN E CÓNTAME UN CONTO

Comezo da actividade que se denvolverá ao longo do 3º trimestre. O alumnado de 3º a 6º de primaria irá polas aulas de infantil a 2º de primaria para contar un conto en galego.

CHARLA ÁNXELA LOUREIRO

Hoxe estivo co alumnado de terceiro e cuarto a mestra e escritora Ánxela Loureiro; nestas aulas limos o seu libro "Ota quere voar" no que nos falou moito neste encontro e acompañou a súa charla con cantigas nas que participamos tod@s. Foi fantástico. Animádevos a ler o libro se ainda non o fixestes. Tédelo na biblioteca do cole!!!

CONCILIACIÓN SEMANA SANTA

Organizado pola Federación de ANPAS Compostela, celebrarase un campamento de Semana Santa no CEIP Ramón Cabanillas durante os días 15, 16, 17 e 22 de abril, en horario de 9 a 14 e con posibilidade de ampliación para madrugadores de 7:45 a 9:00 e de comedor de 14:00 a 16:00

Máis información

2 DE ABRIL

Conmemoramos no Cole o "Día Mundial da Concienciación do Autismo"

SAÍDA DIDÁCTICA

Visita á sede da SGAE polo alumnado de 2º de primaria onde asistiron á proxeccíón do filme de animación "Maimiño".

DÍA DA ÁRBORE

Para conmemorar o Día da Árbore 2019 os alumnos e alumnas de Infantil ata 4º de primaria plantaron, en colaboración co Concello, 190 árbores no espazo ao carón co Colexio: loureiros, acivros, espiños, abeleiras, cerdeiras e sangomiños.

DÍA DA AUGA by 1ºA

O 22 de marzo celebrouse o Día Mundial da Auga e 1ºA investigou sobre este tema.


5:44 minutes (5.25 MB)

SAÍDA DIDÁCTICA

Visita á Central Leiteira CLESA en Caldas de Reis dos grupos  de 5º e 6º de primaria.

SESIÓN DE CINE

Na Sala Numax proxectouse a película checa de animación "As Aventuras da Toupiña" para 1º de primaria.

CAMBIO CLIMÁTICO.

Hoxe, 15 de marzo, as alumnas e alumnos do CEIP Ramón Cabanillas queremos sumarnos ao movemento iniciado pola estudante sueca Greta Thunberg, na protesta pola pasividade dos gobernos mundiais ante o cambio climático, cun acto simbólico que rematará coa lectura dun manifesto elaborado polo alumnado.

                    
Minuto  0:57:25

8 de marzo by 1ºB

Emisión de 1º B sobre o Día Internacional da Muller.


7:22 minutes (6.75 MB)

CHARLA SAÚDE BUCO-DENTAL

A odontóloga Lucía Lago Méndez (nai de Antía e Noa) impartiu unha charla ao alumnado de 1º de primaria sobre saúde e hixiene buco-dental dentro do programa  "Sonrisas Brillantes, Futuros Brillantes" e queremos agradecelle a súa participación.

DÍA DA MULLER

Dende a Biblioteca celebramos o Día da Muller!

Achégate e descubrirás historias extraordinarias!!

ENTROIDO 2019

VENRES, 1 DE MARZO

CIRCULAR INFORMATIVA

GALERÍA DE FOTOS
Distribuir contido


by Dr. Radut