Skip to Content

Curso 2017/18

ENTREGA DE PREMIOS CORRELINGUA 2018

En Pontevedra tivo lugar o acto de entrega de premios da edición de Correlingua 2018 na que a aula de 5ºA do CEIP Ramón Cabanillas resultou gañador do primeiro premio no concurso de vídeo de infantil e primaria.

SAÍDA DIDÁCTICA

CHARLA ANA ALONSO

O alumnado de terceiro e cuarto de primaria recibiu a visita da escritora Ana Alonso xa que todos limos o seu libro "Caballero Surerhéroe". Falounos do cómo empezou a escribir e explicounos moi ben cómo se lle ocurreu esta historia. Vimos imaxes do libro na pantalla e despois fixemos un montón de preguntas e contestounos a todas con moita amabilidade. Grazas, Ana. Rematamos cunha multitudinaria firma de libros.

EDUCACIÓN VIAL

Actividade de educación vial para o alumnado de 6º de primaria no parque infantil de tráfico instalado en Amio.

9 de abril 2018 by 5 anos A

O Antigo Exipto contado pola aula de 5 anos A


1:37 minutes (1.49 MB)

VISITA Á CASA-MUSEO DE MANUEL MARÍA

O alumnado de 5ºA foi premiado cunha viaxe a Outeiro de Rei por ser os gañadores do certame de video de Correlingua 2018, unha xornada que compartiron coa aula de 5ºB do CEIP Albeiros de Lugo, gañadores no apartado de banda deseñada. Recibíronos na Casa-Museo de Manuel María, ali ofreceulles un concerto Paco Nogueiras, logo xantaron e realizaron unha visita guiada ao Museo arredor da obra "Os soños na gaiola"

XOVES DE CONTO

Na sesión do día 22 de marzo escoitamos o conto "A máscara do león", despois fixemos unha bonita flor. FOI XENIAL!

ACTIVIDADES DE RELIXIÓN

"XOVES DE CONTO"

Imaxes do contacontos do xoves, 15 de marzo, no que o alumnado de 1º e 2º participou nas actividades propostas por Mónica Rodríguez.

19 de marzo 2018 by 5 anos B

Os alumnos e alumnas de 5 anos B reciben á primavera recitando o poema de Manuel María "O Grilo"


1:35 minutes (1.46 MB)

CLASE DIDÁCTICA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA

"Quén é quén: Os instrumentos que viven na Escola de Música" é un ciclo de sesións para os centros de ensino de Santiago. O martes 13 de marzo realizouse no centro unha clase didáctica da modalidade guitarra eléctrica e percusión para 1º de primaria co obxectivo de promover o achegamento da música aos máis pequenos.

EDUCACIÓN VIARIA

Alumnado de 6º de Infantil participando nunha xornada de educación viaria organizada pola Policía Local no noso Centro.

 

12 de marzo de 2018 by 1ºA

Hoxe 1ºA cóntanos a historia do elefante "Rosa Caramelo" en referencia ao Día da Muller.


6:02 minutes (5.52 MB)

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 2018

CONTACONTOS

Contacontos baseado en poemas de Mª Victoria Moreno e outros contos do libro "Eu conto ti cantas" a cargo de Pablo Díaz para 1º e 2º de primaria.

5 de marzo de 2018 by 1ºB

1ºB cóntanos a historia "Ratalinda de Compostela"


7:28 minutes (6.84 MB)

ENTREGA PREMIOS

               

Entrega de agasallos ao alumnado que resultou premiado no concurso de marcapáxinas sobre Rosalía de Castro celebrado recentemente.

26 de febreiro 2018 by 2ºA

A clase de 2ºA nos conta a Lenda do Pico Sacro e a Raíña Lupa, que trata de cómo foi o traslado do Apóstolo Santiago.


3:54 minutes (3.58 MB)

"XOVES DE CONTO"

Nova tarde de "Xoves de Conto". Desta vez Mónica contounos a fermosa historia do "Oso e o Piano". Logo montamos e decoramos un piano de papel que nos quedou xenial.

Distribuir contido


by Dr. Radut