Queres ver máis curtametraxes ou escoitar algún conto sobre o acoso escolar? Na aula virtual do Departamento de Orientacion podes atopar máis curtas e contos narrados sobre esta temática. Anímate e bótalle un ollo!
Desde o 26 de abril as nenas e os nenos poden saír a pasear. Respecta as normas na rúa, así coidas de ti e coidas da túa familia. O coronavirus segue nas rúas e desde o CEIP Ramón Cabanillas, vos animamos a saír a pasear. (Alumnado de 2ºA de EP).
Dende a Biblioteca do centro, a pesar de vernos inmersos e inmersas nesta extraordinaria situación de confinamento, quixeramos proporvos que vos sumedes á celebración cunha actividade para todo o alumnado.
Dispoñedes ata o luns 20 ás 12h.
G R A Z A S P O L A V O S A P A R T I C I P A C I Ó N
Dende hoxe podedes ollar o novo blog da Biblioteca do Cole
Dende o 14 de abril, dun xeito progresivo, todos os contidos e tarefas para o alumnado estarán presentes na contorna Eva-Edixgal (5º e 6º de primaria) e nas aulas virtuais (resto dos cursos) do seu grupo-clase, podendo entrar nelas por primeira vez como convidado coa chave " ramoncabanillas " para posteriormente mudala pola proporcionada por cada titor/a ou especialista, ou co seu propio nome ou contrasinal unha vez matriculados.
PROCESO DE ADMISIÓN: Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.
A odontóloga Lucía Lago Méndez (nai de Antía e Noa) impartiu, como en cursos anteriores, unha charla ao alumnado de 1º de primaria sobre saúde e hixiene buco-dental.
Este ano dedicamos o "Día de Rosalía" á EMIGRACIÓN e por iso preparamos unha edición especial de 2ºA co poema "AIRIÑOS, AIRIÑOS AIRES". Grazas a todos/as os/as que colaborastes.
Os días 19 e 20 de febreiro os nenos e nenas de 3º e 4º asistiron a unhas interesantes charlas didácticas sobre o son no cine, os traballos dos técnicos e creadores de sons. Tamén experimentaron engadindo sons nunha escena. As charlas foron impartidas por Cristina Iglesias, nai de Lola, moitas grazas!
"A Galiña Azul" de Carlos Casares é unha obra de plena actualidade que traballa valores que van desde a diversidade ata a tolerancia, pasando pola xenerosidade e a amizade... sen deixar de lado a política e a sociedade como construcción colectiva. Da man destes fenómenos baixo o abrigo de Tanxarina, pois non puidemos máis que gozar... Non so fomos ver unha obra ao teatro principal, senón ofereceron, en vivo, a comprensión da obra, a súa orixe e a creación das personaxes... para repetir!