Skip to Content

Curso 2018/19

2ª Parte Idade Moderna by 6º A


5:55 minutes (5.42 MB)

CAMIÑO DE SANTIAGO

 

O vindeiro venres 24 percorreremos unha etapa do Camiño de Santiago Sanabrés ata chegar á Praza da Quintana.

Circular enviada ás familias cos distintos horarios, tramos e grupos.

A Idade Moderna by 6ºA


4:42 minutes (4.31 MB)

XORNADAS PAIS/NAIS

A Secretaría Xeral da Igualdade está organizando a XV  XORNADA DE NAIS E PAIS, EDUCAR EN IGUALDADE: COEDUCACIÓN E PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO DESDE AS FAMILIAS para as nais e pais e as súas fillas e fillos.

  • A CORUÑA | 31 DE MAIO | 17:00 h - 20:30 h, Delegación Territorial da Xunta de Galicia (Praza Luis Seoane, s/n).
  • PONTEVEDRA | 7 DE XUÑO | 17:00 h - 20:30 h, Delegación Territorial da Xunta de Galicia (Av. Fdez. Ladreda, 43).

CARTEL INFORMATIVO                        SOLICITUDE INSCRICIÓN

PREMIO

As aulas de 2ºA e 2ºB do CEIP Ramón Cabanillas recibiron o 1º premio no IX Concurso de Carteis organizado pola Biblioteca Pública Ánxel Casal con motivo do Día das Letras galegas 2019. Noraboa ás dúas clases. O 2º premio e un dos accésits foron para Nerea e Mara Espiño Cancela, alumnas do Cole, que se presentaron por libre.

                             Fotos da entrega de premios.

LETRAS GALEGAS 2019

EXPOSICIÓN CHARLAS ACTUACIÓNS
MOITAS GRAZAS Á AGRUPACIÓN FOLCLÓRICA "COLEXIATA DE SAR" por facilitarnos o material para a exposición, por ofrecernos as charlas didácticas e actuar no festival.

CHARLAS DAVID CHAO

O profesor da Facultade de Historia da USC e pai de Tomás de 5ºB, David Chao, ofreceu ao alumnado de 4º a 6º de primaria unhas charlas didácticas sobre o tema que tratamos ao longo do curso,  o Renacemento e a Idade Moderna. Grazas por axudarnos a distinguir os distintos movementos artísticos.

SAÍDA DIDÁCTICA

Saída da aula de 6ºA á sede da Fundación Granell

Deste xeito, mergullámonos na vida e obra de Eugenio Granell, ligado ao “bando republicano” na Guerra Civil española, a temida dictadura, a súa fuxida a Francia, o seu exilio e a súa posterior vida nas Américas, ata que regresa a Santiago, en plena democracia.
Ademáis dunha amena charla, Eduardo López e os seus colaboradores permitíronnos gozar co obradoiro de arte surrealista, a través do debuxo dos nosos soños e un traballo cooperativo titulado: “cadáver exquisito”. Graciñas.

Conto: "Os tres herdeiros" by 6ºA

Segunda historia contada por 6ºA


4:00 minutes (3.66 MB)

Conto: "O fillo do rei" by 6ºA

Para este mércores temos dous contos recollidos por Antonio Fraguas.


13:58 minutes (12.78 MB)

Cantigas de Antonio Fraguas by 5ºB

Para hoxe, martes, os alumnos e alumnas de 5ºB recítannos as Cantigas de Cotobade de Antonio Fraguas.


3:20 minutes (3.05 MB)

CHARLA PARA PAIS/NAIS

O martes, 14 de maio, ás 18:30 na biblioteca do Centro haberá unha charla sobre Integración Sensorial impartida pola Terapeuta Ocupacional Lucía Outeiral. Definida como a capacidade que posúe o SNC de interpretar e organizar a información captada polos sentidos, cando hai un desequilibrio sensorial poden xurdir problemas de integración social, atención, conducta, organización, movemento ou coordinación.

Biografía Antonio Fraguas by 5ºA

Comezamos as emisións da Semana das Letras Galegas. Hoxe, luns, o alumnado de 5ºA fálanos de Antonio Fraguas, autor que homenaxeamos neste ano.


2:06 minutes (1.92 MB)

SAÍDA DIDÁCTICA

A clase de 6º B asistiu na Biblioteca Ánxel Casal a unha actividade lúdica con xogos sobre o Día das Letras Galegas.

SAÍDA DIDÁCTICA

O alumnado de 1º e 2º de primaria asistiu no IES Rosalía de Castro á representación da obra "Canta miña pedra canta", que leran con anterioridade nas aulas.

PLANTACIÓN

Continuamos coa plantación de primavera. Os nenos e nenas de 1º e 2º plantaron, coa axuda de Brais de 4º, begonias e tagetes.

CAMPAMENTOS DEPORTIVOS

A Deputación da Coruña adxudicoulle ao Concello de Santiago 18 prazas para participar no Campamento Deportivo de Verán, na quenda 4ª, do 21 ao 26 de xullo.
Poderán participar os rapaces e rapazas empadroados en Santiago e que teñan entre 9 e 14 anos, cumpridos no presente ano 2019 (ambas idades incluídas).
O prazo de solicitude remata o 31 de maio.   Máis  información.

DÍA DO LIBRO by 5 anos A

Non deixedes de ler, é a mensaxe da aula de 5 anos A que nos da conmemorando o "Día do Libro"


1:29 minutes (1.36 MB)

CHARLA ADRIÁN MORGADE

Visitounos o ilustrador Adrián Morgade para falar da súa publicación "Xinfu" que acaban de ler os alumnos e alumnas de 1º e 2º.

LEONARDO DA VINCI

Visita á exposición sobre Leonardo da Vinci no Espazo Cultural de S. Martiño Pinario, organizada por Spacio Natura e La Voz de Galicia.

1º e 2º PRIMARIA 3º e 4º PRIMARIA 5º e 6º PRIMARIA
Distribuir contido


by Dr. Radut