O pasado 21 de marzo conmemorouse o Día Mundial da Síndrome de Down. Aquí amósanse as imaxes dos momentos da participación de alumnado de 5º e 6º do CEIP Ramón Cabanillas no maratón de lectura inclusiva que se celebrou no Auditorio da Biblioteca da Cidade da Cultura.
Estivo co alumnado de 2º de primaria a veterinaria Carme Seoane, nai de Raquel de 2º B, da Clínica Can Cat acompañada duns axudantes moi especiais que podedes ver nas fotos.
Alumnado de 4ºB que recibiu diploma pola súa participación no concurso de pintura infantil dentro das "XIX Xornadas arredor da Camelia", organizadas polo Concello de Vedra.
A recentemente elexida nova académica da RAG, Fina Casalderrey, estivo na biblioteca do CEIP Ramón Cabanillas cos alumnos/as de 3º e 4º de Primaria, contando unha chea de interesantes historias sobre os seus libros.
As imaxes correspondentes á nova de copago de comedores escolares en Galicia difundidas por TVE pertencen ao CEIP Ramón Cabanillas. (No seguinte enlace minuto 37:25)
Telediario - 21 horas - 14/03/13
http://www.rtve.es/favicon.ico) no-repeat left 2px;">
O alumnado de 4º, 5º e 6º de Pimaria participou na Biblioteca do Centro nunha charla-obradoiro sobre a reciclaxe selectiva subvencionada pola Consellería de Medio Ambiente.
Os alumnos/as de 1ºA e 1ºB asistiron a un concerto didáctico que ofreceu a Banda Municipal de Música de Santiago con obras pertencentes a películas de Disney.
Na semana do 4 ao 8 de febreiro imos celebrar no Colexio o Entroido.
De luns a xoves, o Meco vai ir dando consignas para que os nenos e nenas traian algún elemento "chocante" na súa indumentaria. O día 8 será a festa grande. Este ano queremos recuperar o espírito tradicional do Entroido. Ese día imos percorrer o entorno do Colexio, saíndo ás 11 horas o alumnado de Educación Infantil e ás 12:30 os de Primaria. Esta actividade só terá lugar se non chove.
O venres, 1 de febreiro, o alumnado de 2º e 4º de primaria asistiu ao concerto "Violeta en Compostela", un conto musical interpretado polas alumnas de viola do Conservatorio Profesional de Música de Santiago co fin de dar a coñecer os instrumentos de corda. Unidade didáctica en PDF
Os paxes dos Reis Magos de Oriente achegáronse polo CEIP Ramón Cabanillas para recoller as cartas dos nenos e nenas de Educación Infantil e facerlles chegar todas as súas peticións.
Emisión do programa de RTVE Informe Semanal do 15/12/2012 onde se analiza o Proxecto da LOMCE e no que se mostran imaxes do noso Centro na presentación da reportaxe (minuto 12:30)
Como complemento ás actividades realizadas con motivo do "Día Mundial para a Eliminación da Violencia de Xénero" o alumado de Infantil e Terceiro Ciclo de Primaria asistiu na biblioteca do Centro a unha sesión de contacontos e a unha charla sobre coeducación organizada polo Concello.