Skip to Content

IX XORNADAS "Pasámolo de medo no Samaín"

Dende Biblio Furelo queremos propoñer de novo ás IX Xornadas de Pasámolo de medo polo Samaín e invitamos aos nosos cativos a participar... e atopar lecturas de medo na exposición da entrada.

    

Se premedes nas imaxes podedes acceder a toda a información que está no blog. 

A biblioteca volve nos recreos!!!

Poster reapertura biblioteca

Podedes ler toda a nova no blog da biblioteca ao que accederes premendo na imaxe

 

 

Eleccións ao Consello Escolar curso 2024-2025.

 

Normativa:

  • Decreto 374/1996, do 17 de outubro, polo que se aproba o Regulamento orgánico das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria.
  • Decreto 92/1988, do 28 de abril, polo que se regulan os órganos do goberno dos centros públicos de ensino non universitario. (DOG, 29/04/88). Corrección de erros, DOG, 03/05; 24/05, e 15/06/88). Modificado polo Decreto 279/1990, do 27 de abril (DOG do 17 de maio) e polo Decreto 324/1996).
  • Resolución do 10 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.

 Calendario de actuacións no arquivo adxunto.

Educación Vial: Semana da mobilidade.

Estimadas familias: 

Esta semana celébrase a “Semana Europea da Mobilidade”, e por este motivo,  o concello pretende levar a cabo unha actividade denominada “O día de camiñar á escola”, que consiste en que o próximo día 20 os nenos e nenas acudan ó colexio camiñando desde uns puntos de encontro sinalados polo concello, ben sexa na compaña doutros menores o de seus país, tratando deste xeito de concienciar a todos da necesidade de manter libres de vehículos os espazos e vías que rodean os centros para maior seguridade dos menores, ó tempo de promover a autonomía dos escolares nos seus desprazamentos escolares, como levamos anos facendo desde o Departamento de Educación Viaria a través do programa Colecamiños.

Para iso reservaranse zonas de estacionamento non puntos de encontro para que os acompañantes dos menores podan deixar os seus vehículos mentres dure a actividade.

O punto de encontro para o colexio Ramón Cabanillas é a zona de estacionamento situada debaixo da vía férrea na rúa do Río de Arriba.

Neste punto haberá persoal do concello, ben Policía Local ou Protección Civil, para acompañar os participiantes ata ó colexio.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

 

Información xeral primeiras reunións.

No arquivo adxunto tedes os aspectos máis salientables das primeiras reunións.

Información para as familias. Listado material Educación Primaria.

Estimadas familias:

No arquivo adxunto tedes o listado do material por cursos da etapa de Educación Primaria.

A dirección.

Información para as familias. Material escolar para o alumnado de Educación Infantil.

Estiimadas familias:

No arquivo adxunto tedes a vosa disposición o listado de material para o alumnado de Educación Infantil.

A dirección.

Información para as familias. Período de adaptación curso 2024-2025

Bo día:

No arquivo adxunto tedes a vosa disposición a organización do período de adaptación para o alumnado de 4º de Educación Infantil (3 anos). Informamos ás familias que deben descargar a aplicación móbil: abalar,  para as informacións que o centro manteña a través de dita plataforma.

Enderezo web para información sobre a aplicación: https://espazoabalar.edu.xunta.gal/servizos-dixitais/app-de-comunicacion-abalarmobil-para-familias

A dirección.

 Aviso de modificación do documento.

Información para as familias. Servizo de comedor e madrugadores do Concello.

Estimadas familias:

Apertura dos prazos de matrícula nos servizos de comedor e de madrugadores na rede de centros públicos de Educación Infantil e Primaria do Concello de Santiago de Compostela para o curso 2024-2025. Máis información:

 

 

http://www.santiagodecompostela.gal/hoxe/nova.php?id_nova=14747&lg=cas

 

A dirección.

Requerimento de subsanación de solicitudes e documentación para a resolución de bolsas de comedor, actividades extraescolares e/ou material escolar curso 2024-2025.

Estimadas familias:

O concello vén de publicar o prazo para o requerimento para subsanar as solicitudes e documentación para a resolución de bolsas de comedor, actividades extraescolares e/ou material escolar curso 2024-2025.

prazo de subsanación está aberto dende o día 13/07/2024 ata o día 22/07/2024 (ámbolos dous incluídos).

Máis información no documento adxunto.

 

A dirección.

Biblioteca. Recomendacións lectoras.

Estimadas familias:

O Equipo de Biblioteca ofrece unhas recomendacións lectoras para este verán. 

 

 

 

cicla aquí

Transporte escolar curso 2024-2025.

Estsimadas familias:

Seguindo as instrucións enviadas pola Consellería (1/2024)data límite 12 de xullo para entregar na secretaría do centro os impresos para solicitar o transporte escolar ou a solicitude de usuario excepcional para o curso 2024-2025.

 Documentos adxuntos para descargar, cubrir e entregar na secretaría do centro data límite 12 de xullo de 2024.

Entrega de vales, axudas libros e historiais académicos.

Relación de libros de texto para o curso 2024-2025

Relación de libros de textos nos ficheiros adxuntos. Modificacións, revisade por favor.

Actividades extraescolares para o vindeiro curso escolar 2024-2025 xestionadas pola ANPA.

Estimadas familias:

No documento adxunto tedes as actividades extraescolares ofertadas pola ANPA para o vindeiro curso escolar 2024-2025. No seguinte enlace accededes a inscrición. Tamén tedes no documento adxunto a información para a inscrición na da aula de tarde.

 https://avanzaserviciosescolares.easymanager.app/es/XyS6c/course_reservations/new

 

A dirección.

Apertura de prazo de matrícula.

horario de secretaría de 09:00 a 14:00 de luns a venres.

Documentación:

  • Fotocopia DNI.
  • Fotocopìa libro de familia.
  • Certificado de empadroamento actualizado da unidade famiiar, sempre que cambiase a situación.
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria e cartilla de vacinas.
  • Autorización de imaxe.
  • Autorización de saídas.
  • Cuestionario sobre o uso da lingua materna (so educación infantil 3 anos).
  • Certificado de minusvalía de ser o caso.
  • Sentenza xudicial de separación ou divorció de ser o caso, ou convenio regulador onde consste a atribución da custodia do nenor.
  • 2 fotos tamaño carnet.
  • Solicitude de transporte escolar ou usuario excepcional, de ser o caso.
  • Opción sobre relixión ou proxecto competencial.

Traballo realizado polo alumnado de sexto.

O alumnado de sexto estivo  a desenvolver actitudes emprendedoras creando varios negocios. Deixamos para que vexades unha mostra deste traballo un pdf onde podedes ver o seu traballo e onde clicando non seus enlaces poderedes ver o seu anuncio, páxina web e entrevista.

Dosier libro entrefollas 

Moi bo traballo!

Distribuir contido


by Dr. Radut