O alumnado da Ramallosa síntese comprometido coa convivencia! Así o afirmaron onte no acto de presentación do noso "Clube de Convivencia", un organismo democrático e asambleario formado por:
- "Coordinadores de préstamo de material de xogo"; que colaboran para que o tempo de recreo sexa un momento de diversión e desconexión.
- "Colaboradores de Biblioteca"; que axudan a manter o funcionamento da nosa biblioteca.
- "Mediadores escolares"; que resolverán os posibles conflictos que poidan xurdir no tempo de patio de forma cooperativa e restaurativa.
- "Guardiáns de corredor"; que velarán para que as entradas e saídas no cole sexan da forma máis ordeada posible.
Un compromiso libre e voluntario, onde o alumnado, de maneira desinteresada e colaborativa, todos unidos e unidas aseguramos que a nosa convivencia sexa cada vez mellor.
COMO AGRADECEMENTO POLA AXUDA PRESTADA PARA O BO FUNCIONAMENTO DA BIBLIOTECA DO CENTRO, QUIXEMOS DARLLE UN PEQUENO DETALLE A TOD@S @S COLABORADORES E COLABORADORAS NESTE CURSO E UNHA DESPEDIDA NO CASO DE ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA QUE SEGUE A SÚA VIAXE EDUCATIVA NOUTRA ETAPA.