Skip to Content

Proxecto "Roque Iro"

Radio en directo na biblio.

DIRECTOS NA BIBLIO: "PROXECTO ROQUE IRO"

LOGO ROQUE IRO

Este proxecto educativo, nace ligado á Radio Escolar e á Fonoteca do centro, dándolle unha volta de folla máis ao programa "Radio na Biblio" en colaboración co EDLG.

A través da figura de "Roque Iro", personaxe que guía o proxecto, iniciamos unha nova andadura e un novo reto educativo; realizar un programa de radio en directo durante o tempo de recreo (patio). No que o alumnado se irá rotando na labor de locutor@/presentador@ alumnado, e a través da revista-guía que conduce o Proxecto, presentará aos seus compañeiros diferentes músicas con menos presencia dentro das emisoras comerciais actuais. Abríndolle aos discentes un horizonte de novas músicas e inquedanzas á par de reforzar tamén outros proxectos educativos do centro. 

Queremos que este proxecto dure no tempo e é por iso que faremos distintas entregas da Revista Roque Iro, editada e producida polo profe "Xabi". No primeiro trimestre do curso 2024/25 presentaremos ao alumnado o número 2 e a partir de aí poderemos valorar a acollida deste proxecto e decidir publicacións futuras.

 

Roque Iro_presentación

 

 

 

PODES VER AQUÍ A ENTREGA NÚMERO 1 DESTA REVISTA-GUÍA MUSICAL DO PROXECTO 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut