Skip to Content

ARTELLANDO NO 2º TRIMESTRE

Incrible pero certo, xa estamos no 2º trimestre. Comezámolo con grande enerxía e con moitos folgos. Proba disto é que xa levamos varias actividades distintas e ben variadas.

E máis incrible aínda, o trimestre xa finalizou e isto foi o que nos deixou. Se queredes comprobalo, deixámosvos un enlace onde poderedes ver todas as fotos do trimestre.

 

Reciclando rotuladores.

Non é a primeira vez que reutilizamos materiais vellos ou en desuso. Compartimos con vós esta fabulosa idea para darlle un novo uso a eses rotuladores que se van gastando e pintan mal. O primeiro que hai que facer e separalos por cores. A continuación póñense cara abaixo nun vaso con auga. A tinta vai escorrendo e tinguindo o líquido. Así de sinxelo!

E case sen nos decatar, acuarela líquida acabamos de fabricar.

 

 

A continuación, pintamos libremente mergullando o pincel nesa auga. Fixémolo sobre papel normal e máis sobre papel vexetal. E do que nos decatamos é de que no primeiro caso o papel enchoupaba a pintura, mentres que no papel vexetal non sucedía iso e mesmo esvaraba. Se premedes sobre a foto podedes ver o proceso.

 

 

 

Témpera libre en cabalete.

Como de auténticos profesionais da pintura, deixamos voar libremente a nosa imaxinación e deixamos traballar a nosa man con moito tino de que a pintura non escorrese cara abaixo. Efectivamente non é o mesmo pintar sobre un soporte vertical que sobre un horizontal, tal e como adoitamos facer

.Estes son algúns exemplos da nosa creatividade.

Mirando a  Miró..

Joan Miró engaiolounos coas súas 5 cores máxicas: amarelo, verde, azul, vermello e negro.

E as súas figuras únicas e ben recoñecibles, estrelas, lúas, círculos, serpes... atrapáronnos e pedíronnos que nós tamén xogásemos ao igual que o xenial artista con esas cores e esas formas.

Inspirándonos nas súas esculturas, traballamos as nosas. Para obter información da súa vida e enchouparnos da súa arte, visitamos dúas páxinas de you tube.

Premede aquí ou na foto para comprobalo.

 

As pombas da paz

Ao igual que outros anos, o 30 de xaneiro non quixemos deixar de celebrar o día mundial pola paz. Sabedores de que se trata dunha lembranza e de que calquera día do ano é bo para seguilo conmemorando, no obradoiro quixemos deixar a nosa pegada debuxando unhas fermosas pombas. E como fixemos noutas ocasións, inspirámonos na serie de Pombas da Paz de Pablo Picasso. 

Clicando, podedes gozar duns pacíficos intres.

 

Simetrías

simetría

 

        O curso pasado familiarizámonos con esta técnica que consiste en estampar a pintura mollada dunha metade dunha cartolina na outra metade, quedando deste xeito, un calcado perfecto en simetría.

Chegado o entroido, pensamos que utilizando esta técnica poderiamos crear unhas máscaras fantásticas. Nesta ocasión, para conseguir ese efecto psicodélico o que fixemos foi botar a témpera directamente do bote, tal e como poderedes comprobar nas fotografías que ilustan o proceso.

Queredes ver todo o proceso?  Clicade aquí ou na foto.

 


Pero xurdiunos un problema inesperado, quedaban tan vistosas e chamativas, que nos daba mágoa non deixalas plasmadas como un cadro. E como a actividade nos engaiolou desa maneira, volvemos a repetila. Nesta segunda vez, para variar un pouquechiño o acabado, utilizamos témpera líquida con purpurina. Mellor aínda! Unha vez recortadas as nosas máscaras non tiñan nada que envexar ás venecianas. Ou iso nos pareceu a nós.

Probámolas e quedamos así de artísticos. A ver se sabedes quen é quen.  Para vos facilitar o xogo, deixámolas por aulas.

 

MÁSCARAS AULA DE 3 ANOS A. 

 

MÁSCARAS AULA DE 3 ANOS B.

 

MÁSCARAS AULA 4 ANOS.

 

MÁSCARA AULA DE 5 ANOS A.

 

MÁSCARAS AULA DE 5 ANOS B.

 

Visita ao CGAC

 

O 19 de marzo, os nenos e nenas de 4 e 5 anos visitamos a exposición 93, co gallo do 20 aniversario do museo. O 20 de marzo tocounos aos de tres anos. Encantóunos! Deixamos mostra de todo o que vimos e vivimos.

 

Clicade aquí ou na foto para ver a reportaxe fotográficaCGAC

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Comentarios

Enviar un novo comentario



blog | by Dr. Radut