Encontro con Joan Manuel Gisbert
Esta semana tivemos na nosa biblioteca un invitado especial, o escritor Joan Manuel Gisbert. Este escritor catalán ten escritos corenta e moitos libros infantís e xuvenís (el mesmo non sabía cantos!) e gañado moitos premios ao longo da súa carreira; o Premio Nacional de literatura Infantil e Xuvenil coa obra El museo de los sueños ou o Premio Cervantes Chico polo conxunto da súa obra, entre outros.
O encontro co alumnado de terceiro ciclo resultou moi interesante; xa que o autor desvelou a orixe e composición das historias que estamos a ler nas aulas (pero non o final). As aventuras que narra sempre parten dunha situación cotiá á que se lle van agregando soños e ilusións tinxidos de misterio, mantendo o interese dos lectores ata o remate do relato.
O tempo da sesión pasou nun soplo e comprobamos que tamén é un narrador oral extraordinario (fotos)
Nos arquivos adxuntos poderás coñecer máis sobre a súa biografía e algúns dos libros que temos na biblioteca.
Anexo | Tamaño |
---|---|
gisbert 1.pdf | 99.11 KB |
gisbert 2.pdf | 91.93 KB |
gisbert libros 1.pdf | 69.01 KB |
gisbert libros 2.pdf | 62.77 KB |