Skip to Content

Día Internacional dos Dereitos da Infancia

O 20 de novembro conmemórase a data en que a Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a Declaración sobre os Dereitos do Neno e a Nena en 1959. Por iso, foi escollido este día para celebrar o Día Internacional dos Dereitos da Infancia. Estes dereitos, que tódalas nacións firmantes do acordo deben vixiar que se cumpran, son de maneira resumida os seguintes:

Tódolos nenos e nenas:

1º.-  Gozarán de todos os dereitos enunciados nesta declaración.

2º.-  Gozarán dunha protección especial e disporán de oportunidades e servizos necesarios para o seu óptimo desenvolvemento.


3º.-  Teñen dereito desde o seu nacemento a un nome e a unha nacionalidade.

4º.-  Deben gozar dos beneficios da seguridade social. Terán dereito a crecer e desenvolverse en boa saúde.

5º.- Os que estean física ou mentalmente impedidos ou que sufran algún impedimento social debe recibir o tratamento, a educación e o coidado especiais que require o seu caso particular.

6º.- Deben medrar nun ambiente de afecto e de seguridade moral e material.


7º.-  Teñen dereito a recibir educación que será gratuíta e obrigatoria polo menos nas etapas elementais.

8º.-  Deben, en todas as circunstancias, figurar entre os primeiros que reciban protección e socorro.

9º.- Deben ser protexidos contra toda forma de abandono, crueldade e explotación.

10º.- Deben ser educado nun espírito de comprensión, tolerancia, amizade entre os pobos, paz e fraternidad universal.

Mira agora este vídeo onde se cantan estes dereitos.

 



page | by Dr. Radut