CIRCULAR INFORMATIVA Nº 1: SOBRE A ELECCIÓN DE REPRESENTANTES DE PAIS/NAIS DE ALUMNOS/AS NO CONSELLO ESCOLAR DO CENTRO
A resolución do 20 de setembro de 2021, da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa da Consellería de Educación (D.O.G. 29/09/2021) establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos Consellos Escolares de centros de educación non universitarios.
O proceso, na parte que implica aos pais e nais dos alumnos/as, segue os seguintes pasos:
- Sorteo dos membros da Xunta Electoral.
- Convocatoria e constitución da Xunta Electoral.
- Presentación de Candidaturas.
- Publicación dos Censos Electorais.
- Proclamación de candidaturas.
- Presentación de reclamacións, se as houbera.
- Votación e escrutinio.
- Proclamación de candidatos elixidos.
- Constitución do Consello Escolar.
O sorteo público para a formación da XUNTA ELECTORAL realizarase o martes día 26 de Outubro ás 12:00 horas. Unha vez constituída (día 2 novembro), emitirase información puntual do proceso mediante circulares.
O DIRECTOR