LEMBRANDO COUSIÑAS DESTE 1º TRIMESTRE...
VISITA DO "OBRA" AO CENTRO
Esta avaliación tivemos a sorte de contar coa visita de tres
xogadores do Monbús OBRADOIRO CAB,
o noso clube de baloncesto ACB.
ÁLVARO MUÑOZ - KOSTAS VASILEIADIS - V. BRODZIANSKY
Sen dúbida, un día de emocións a flor de pel,
pois tanto alumnado como profesorado do centro
somos auténticos siareiros!! Con eles aprendimos un montón
de cousas sobre as súas vidas como deportistas profesionais
e tamén do seu lado máis persoal. Recibimos un mar
de aloumiños destes tres xogadres que nos amosaron sobre
todo a súa parte máis humana. Unha demostración de
humildade, cercanía e cariño que non esquenceremos.
O sábado 25 de xaneiro coñeceremos o agraciad@ cos
agasallos que nos deixaron; A súa foto asinada, un balón
oficial asinado e unha bufanda do equipo
Aquí podedes ver algunhas fotiños da visita!