Skip to Content

5 de xuño: Día Mundial do Medio Ambiente.

Alumnos e alumnas de quinto e sexto celebramos o "Día Mundial do Medio Ambiente" poñendo o noso gran de area para que a contorna do noso colexio estea limpa de lixo.

Decatámonos de que tanto o patio de xogos coma a pista lateral do colexio estaban demasiado cheas de lixo das nosas merendas e de restos de produtos contaminantes (papeis, plásticos, envases... ).

Por iso fixemos unha recollida dos mesmos. Agora pedimos a colaboración de todos e todas para mantelo así. É mellor para nós e para a natureza na que vivimos.

Deixámosvos un vídeo que retrata a actividade que fixemos.

 

Comentarios

Enviar un novo comentario



blog | by Dr. Radut