Responder ao comentario
natuRARTE
Chegou gran día.
Logo dun curso intenso de traballo, por fin, puiemos ver todos os resultados na expoción de final de fin de curso, que por moi ao noso pesar, non foi posible realizala nos dous últimos curso. Nesta edicción e con gran acerto, presentámola no Salón de Actos da escola pois así foi posible que a meirande parte do alumnado de primaria ademais das familias , acuderan a visitala. Grazas ás foto grafiía de Benxa Salgado e Ramón Yoshimura polas fotografías e a Xoán Soler por espallalo na Voz de Galicia. E por suposto no podo deixar de agradecer todo o apoio da Equipa directiva e o inestimable esforzo de moitas persoas entre as que destaco a Ernesto, Pepe, María Álvarez e Sandra.
Coma sempre, premede neste enlace, para ver un resumo.
Espirulina.
Esta actividade nace ao igual que a clorotipia, como actividade colaborativa co Proxecto Educalai, con pigmentos, pinturas e impresións naturais. Neste caso, con espirulina en pó. A espirulina, é unha alga azul con clorofilia e con infinidade de propiedades beneficiosas para o organismo. No noso caso, utilizámola en pó, e o proceso de pintura foi tan doado como botar unha culllaradiña nun vaso de auga, remexer ben e botar o líquido e con pipetas, sobre máscaras ou papel absorvente. Na liña de concienciarnos da reutilización, reciclxe e redución de todo tipo de materia, nós utulizamos as máscaras infantiles sobrantes que quedaban no cole, coa ilusión de non ter que volver a utilizalas nas aulas.
Mirade, aquí ou na imaxe o máxico efecto.
Retratos na natureza tuneados en acetatos.
Ao comezo de curso e de novo coa colaboracióón e xenerosidade das familias, pedinlles que por favor me enviaran por correo electrónico unha foto do seu fillo ou filla nuna contorna natural, apuntando cal era no lugar. Deixámolo repousar ata finais de curso, euha vez impresas en branco en negro cun acetato por riba e con rotuladores permanentes, actuamos coloreándoas para personalizalas. Esta actividade, estivo inspirada nos retatos que Andy Wharholl, coloreaba co seu estilo propio e orixinal.
Poderedes observar na fotografía, ou premento nesta palabra algun dos resultados.
CLOROTIPIAS. NaturarTe.
Que reponde a este nome tan curuioso?
Explicámosvos: dentro do proxecto deste ano e grazas á iniciciativa de Inés Fernández, unha compañeira de Musaraña de Educathysen, colaboramos na proposta artística con elaboración de producións de tintes naturais, denomidada Educalai.
O produto final desta interesante iniciativa, é unha exposición no mes de xuño nunha sala de exposicións de Xixón, onde se poderán ver obras de moitos centros.
So precisamos transparencias de acetato, rotuladores permanentes, follas verdes, unha copia dunnha imaxe ou fotografía e o máis importante, un chisquiño de sol. Iso foi o menos doado, ou por moito ou por pouco. Importante que as follas sexan varnosiñas. Nós utilizamos en case todos os casos as de calas e hortensia. Tamén que a follla estea fresquiña, eu métoas na neveira. Cando vos poñades, os nervios teñen que estar cara abaixo, en contacto coa tábos e a parte máis opaca da copia en acetato en contacto coa folla. A continuación colocades o cristal ou de metacrilato e cerrade ben, como vedes na imaxe, nós usamos pinzas metáicas. Poderedes comprobar como fomos aprendendo a partires do ensaio-erro, aprendizaxe por outra banda moi significativa.
Non desesperedes se non vos saen moitas. No noso caso tivemos que desbotar moitas.
Déixo un enlace para que vexades a técnica.
Aquí ou na imaxe, podedes ver o proceso dos nosos resultados.
Inspirámonos en Giuseppe Arcimboldo. naturarTe.
Probablemente o primeiro surrealista na arte. De feito, foi esa corrente quen o volveu redescubrir, apesares de que no seu tempo, foi moi famoso pero logo caeu no esquecemento. Un transgresor e unavanzado para o seu tempo, este italiano do século XVI, Giuseppe Arcimboldo, revolucionou o que era a pintura realista e figurativa do momento. Transforma flores, froitos, verduras, hortalizas ou animais e úsaos pasándoos a retratos en plena conexión coa natureza.
Realizamos dípticos inspirados nos seu rertatos das estacións do ano. No lado da esquerda, fixemos collages con recortes de revistas e fotocopias de cadros famosos que tiveran elementos naturais. ONa dereita utilizamos flores e elementos da natureza que trouxeros das casas. Decoramos a portada co nome do artista e a contraportada co noso nome con letras en vertical.
Mirade aquí ou na imaxe as nosas versións arcimbolianas.
COBERTOR NATURAL. naruarTe.
Poucas cousas hai máis pracenteiras que estomballarle enriba dun manto natural na herba, un campo ou no bosque!
Nós fixemos a nosa recreación na aula, de novo cos elementos naturais traídos ao principio de curso. Inspirámonos na artista cubana Ana Mendieta, coñecida pola creación de obras de arte e perfonmances sempre en contaco co medio e a natureza e como medio inspirador.
Comprobade nesta entrada ou na imaxe, como nos gustou a experiencia.
COMPOSICIÓNS FIGURATIVAS. natuarTe.
Moito rendemos as aportacións traídas das nosas contornas naturais para tranformalas en arte, sempre de xeito distinto. Lembrades as composicións libres dispostas en catolinas simplemente decorativas sen ningunha imaxe determinada que nos lembrase a algo? pois neste caso, realizamos obras figurativas, esculturas e collages que se asemellaban a un obxecto ou imaxe identificable.
Mirade aquí ou na fotografía, parte do proceso e os seus resultados, absolutamente xeniais e cheos de creatividade.
Unha libélula na aula! naturarTe.
Karim, un alumno de 4º de E.I, quixo compartir con nós a experiencia vivida cos seus pais, cando un día paseoando, atoparon unha ibélula morta. Con todo mimo e coas garantías de conservación, amosóunola no nru botiño de cristal e non poidemos deixar pase a ocasión de plasmana nun debuxo, logo de observala detidamente e analizar a súa anatomía.
Mirade aquí, como a veu cada neno e nena.
Tamén a modo presentación, poñéndovos sobre a imaxe.
PEGADAS NATURAIS. naturarTe.
Estampamos distintos elementos que troxemos xa ao principio de curso dos nosos paseos e saíadas á contorna natural sobre pasta branco. Utilizamos motivos prederminados como follas, ramallos, flores, froitos, cunhas variadas...
O primeiro foi amolecer o anaco de pasta para a continuación aplastala un pouco ben coas mans ou con rolos. A continuación puxemos o elemento en contacto coa masa e presionamos para que quedase marcado. unha vez secado e contorulades marcamos nervios e partes vaciadas. Así de sinxelo.
Xa veredes, ou na foto ou aquí.
CORAZÓN, CORAZÓN. naturarTe.
Visita do contacontos e creador Anxo Moure. O polifacétco artista Anxo Moure realizou para o alumnado de Infantil e 1º ciclo de Primaria un Obradoiro de reciclaxe o 15 de marzo, titulado: Corazón. Transformar o negativo en positivo. Fabricamos pasta de papel, e cunha paneira en forma de corazón, realizamos cadanseu. Previamente contoulles e dramatizou o seu libro: O carballo con botas.
Mirade o proceso, en foto ou en presentaciónaquí ou na imaxe.
NATUREZA VIVA. naturarTe
Partindo do noso imaxinario e da nosa iniciativa, debuxamos nos cabaletes e con témperas unha obra particular dalgún escenario natural. Monte, praia, campo, río, montaña...Traballamos tamén a relación contido- título, póndoñe nome á nosa obra. Neste caso, ademais preténdese que as criaturas utilicen distintos soportes e planos na pintura, como aquí o vertical, facéndoos conscientes da dificultade que conleva traballar coa témpera desta xeito por mor de que escorregue, polo que imos aprendendo co ensaio-erro.
Aquí ou na foto quédanvos algúns exemplos.
Intervención artística da pintora Noe Aragundi no comedor.
Desta volta a iniciativa partiu de Elena, outra profesinal e artista da gastronomía. Implicada tamén sempre a fondo, tivo a iniciativa de encargar un frsco relacionado coa alimentación e o mundo vexetal a unha xenial creativa que desde o primeiro momento amosou implicación e empatía co proxecto.
Mirade o resultado traballo do último día de Noe, co privilexio de termos unha charla con ela, narrándonos todo o proceso. Xa sabedes ou premendo aqui ou sobre a fotografía.
CASAS DE PAXAROS, Intervindo coa nosa contorna. natuarTe.
Temos o enorme privilexio de contar cun espazo único ao carón do colexio, unha carballeira da que xa quedan poucas. Xa no primeiro trimestre realizamos unha visita para coñecela, descubrila, observala e ver as posibilidades que nos ofrecía. Grazas a ese taballo previo e por iniciativa das mestras de 6º de E.I., fomos colocar unhas casas para os paxarosque o alumnado montou antes. Actividade dentro do proxecto de Traballo que están a desenvolver coas titoras sobre as aves. O obxectivo é sensibilizarnos tamén do reino animal que existe nos bosques. Inestimable foi e é sempre a axuda de Ernesto, o noso conserxe e complentamente implicado en calquera iniciatva educativa.
Clicade aquí ou na imaxe para ver unha mostriña.