Skip to Content

Blogues

SAMAÍN RAMALLOSEIRO!

PARA CELEBRARMOS O SAMAÍN FIXEMOS AS SEGUINTES ACTIVIDADES:

- CONTOS DE MEDO: CORRE, CORRE CABACIÑA, A BRUXA REGAÑADENTES, A FIGUEIRA DE PELOS TORTOS, MISTERIO NA HORTA.

- ELABORAMOS UN AMULETO MÁXICO PARA EVITAR O MEDO E OS SUSTOS.

- FALAMOS DOS NOSOS TEMORES, ESCRIBÍMOLOS NUN PAPEL PARA QUEIMAR O DÍA DO MAGOSTO.

- REALIZAMOS UN COLLAGE DE DISFRACES DO SAMAÍN.

- PARTICIPAMOS NUN OBRADOIRO DE MAQUILLAXE.

- AS FAMILIAS COLABORARON CON MERENDAS DE MEDO, COS DISFRACES E COAS CABAZAS PARA A EXPOSICIÓN.

- RECIBIMOS A VISITA DA BRUXA MARUXA E O SEU AXUDANTE A PANTASMA QUE PASMA.

- VIMOS CURTAS RELACIONADAS COA TEMÁTICA.

CLICA NA IMAXE PARA VER MÁIS FOTOS 

 

RELAXACIÓN

NECESITAMOS A RUTINA DA RELAXACIÓN PARA DESCONECTAR, REDUCIR OS NERVIOS, MELLORAR A MEMORIA E CONCENTRACIÓN, AUMENTAR A CONFIANZA EN NÓS MESM@S E LOGRAR UN ESTADO DE BENESTAR. ACABAMOS CUNHA ENORME APERTA, DANDO AS GRAZAS E DICINDO CANTO NOS QUEREMOS!

 

 

 

AS FOLLAS NO OUTONO

PASEAMOS POLO PATIO NA PROCURA DE FOLLAS. OBSERVAMOS AS CORES DE OUTONO E TOD@S @S NEN@S DE 3 ANOS CONSTRUIMOS UNHA MANDALA EN FORMA DE SOL.

CURSO 19-20

COMEZAMOS UN NOVO CURSO

Para ir quencendo motores, iniciamos a nosa andaina, como non podía ser doutra maneira, expresándonos creativamente a partir de distintos materiais. Coñecemos e exploramos as posibilidades do material novo adquirido grazas á colaboración da ANPA. Tamén realizamos debuxos con distintos tipos de pintura como acuarelas, témperas, ceras acuarelables...

Clica aquí ou na fotografía para ver as nosas primeiras artistadas.

 

 

 

RETRATOS CON FONDO DE ACUARELA

Como ben sabedes, un clásico que non pode faltar ao comezo de curso é que nos representemos nun exercicio de autocoñecemento. Este ano, cuns fondos libres onde experimentamos con acuarelas, debuxamos o noso autorretrato de corpo enteiro cun rotulador negro. Así nos vimos. Clica na imaxe para ou aquí para ver moito máis.

 

 

 

 

 

 

 

POURING. ARTE FLUÍDA

Así é como se chama esta técnica coa que experimentamos con materiais como acrílicas e témperas, auga e papel fotográfico. Poco máis que explicar se vedes o proceso nas fotografías que vos deixamos. Mirade que psicodélicas quedaron as nosas producións clicando aquí ou na  foto.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

PINTURA EN ACCIÓN OU ACTION PAINTING.

Intentando emular a pintura abstracta expresionista do célebre artista Jackson Pollock, na que entre outras características ten a de traballar o grande formato e onde a superficie forma parte dun todo coma se fose un campo aberto onde se aparexe toda a pintura. Nós fixémolo colectivamente nunha saba por grupos de traballo e contamos tamén coa colaboración especial de tres profesoras da Escola de Maxisterio. premede aquí ou na fotografía para ver o proceso. 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

OUTONO

FALAMOS DA ESTACIÓN DO OUTONO: MUDANZAS NA PAISAXE, CORES QUE PODEMOS OBSERVAR... DESPOIS ESCOITAMOS "L'autunno" DE VIVALDI (COS OLLOS PECHADOS FALABAMOS DAS COUSAS QUE IMAXINABAMOS AO ESCOITAR A AUDICIÓN; POR EXEMPLO: "OS PORQUIÑOS", "SAE O LOBO", "UNHA FOLLA AMARELA", "AS FOLLAS MARRÓNS", "UN GATO" E "UN PORQUIÑO BEBÉ").

A CONTINUACIÓN, ESCOLLEMOS AS CORES DE OUTONO DOS BOTES DE TÉMPERA E PINTAMOS CON PINCEL EN CARTOLINA; DE FONDO REPETIMOS O CONCERTO PARA VIOLÍN E ORQUESTA.

 

 

 

 

SERIES CON LANDRAS, ROLLAS E TAPÓNS.

REALIZAMOS UNHA SERIE EN GRAN GRUPO: LANDRA - LANDRA - ROLLA. CREAMOS AS NOSAS SERIES DE FORMA INDIVIDUAL.

 

   

1, 2 E 3

TRABALLAMOS O CONCEPTO DE CANTIDADE ASOCIADO AOS NÚMEROS 1, 2 E 3. COMPLETAMOS OS AROS COAS LANDRAS PARA CONSEGUIR A MESMA CANTIDADE. REPASAMOS OS TRAZOS DOS NÚMEROS UTILIZANDO OS COCHES DE XOGUETE DA AULA.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut