fondo

Familias

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

CEIP RAIÑA FABIOLA 2024-2025

JORNADA PUERTAS ABIERTAS -

ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN

LUNS 19 DE FEBREIRO 17H

       

 COÑECE O NOSO CENTRO

 Este ano  teremos xornada de portas abertas.

Podedes botarlle un vistazo e coñecer virtualmente as instalacións nas que aprenden disfutando os nosos nenos e nenas, a través das imaxes e vídeos seguintes.

Tedes aquí uns vídeos en 360º grados do CEIP Raiña Fabiola cos que poderedes ver as diferentes instalacións do centro. Recomendámosvos visualizar os vídeos en HD para velos en maior calidade.

           

 

 PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO  2024-2025

 XA ESTÁ PUBLICADA A LISTA DE ADMITIDOS 2024-2025

GIF trending - GIF animado em GIFER

PODERÁN ACCEDER AO INTERIOR DO CENTRO PARA VER A LISTAXE DE LUNS A VENRES EN HORARIO DE 9:15 A 13:45 E OS MARTES DE 16:10 A 17:45H

PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2024/25

 

              OFERTA DE PRAZAS 2024-2025-VACANTES

      SOLICITUDES PRESENTADAS

CURSO 2024-2025

Prazas suxeitas a posibles modificacións

CURSO 23-24

VACANTES

PRAZAS RESERVADAS (*)

TOTAL

SOLICITUDES PRESENTADAS

4º EI (3 anos)

20

3

20

 20

5º EI (4 anos)

0

 

 

 

6º EI (5 anos)

0

 

 

 

1º EP

0

0

 

1

2º EP

0

 

 

 1 

3º EP

0

   

  2  

4º EP

0

   

 

5º EP

0

 

 

 1

6º EP

6

 

 6

  2 

 

 

 

 

 

 

TOTAL

 

 

26

0

26

 

  Reserva(*): Prazas reservadas para alumnado con NEAE. Aquelas non solicitadas acumularanse á quenda ordinaria.

 

CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN 

 ESCOLARIZACIÓN ENLACE IMPORTANTE

     ENLACE A ADMISIÓN ALUMNADO

IMPRESOS ED550B:

- SOLICITUDE DEDE PRAZA E.INFANTIL OU PRIMARIA  EN GALEGO

 

SOLICITUDE DEDE PRAZA E.INFANTIL OU PRIMARIA  EN CASTELÁN

 CRITERIO DE DESEMPATE. SORTEO NUMÉRICO. 27 DE FEBREIRO

 

SOLICITUDES. 

Presentación de solicitudes xunto coa fotocopia cotexada do libro de familia ou do DNI do neno/a. (Tamén se poderá entregar a documentación acreditativa dos criterios do baremo)

A solicitude será única segundo o modelo ANEXO II, que poderá ou ben:

  1. Recollerse no centro.
  2. Cumprimentarse online na aplicación https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado.
  3. Descargarse e cumprimentar de forma manual: Anexo II.

Gifs de seta para baixo - Gifs.eco.br

  Nos casos anteriores a instancia deberá ser entregada no centro e no prazo indicado.

       4. Cubrir a solicitude on line e asinala en Sede Electrónica:

DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA.  10 días hábiles a partires dos dous días seguintes ao remate do prazo de presentación de solicitudes. Entrega da documentación acreditativa dos criterios do baremo.

ANTES DO 25 DE ABRIL  LISTAXES PROVISIONAIS. Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos. Poderanse formular reclamacións contra as listaxes no prazo de 5 días contados desde o seguinte ao da súa publicación.

ANTES DO 15 DE MAIO LISTAXES DEFINITIVAS. . Unha vez resoltas as reclamacións presentadas procédese á publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido. Contra esta publicación cabe recurso de alzada perante o Xefe Territorial no prazo dun mes.

DO 20 AO 30 DE XUÑO  MATRÍCULA DO NOVO ALUMNADO Formalización da matrícula dos alumnado admitido

 RESUMINDO

yomequedoencasaDECIMOTERCERAsemana | Curso 2019 2020

 

 

 

 RESERVA EN E.S.O (IES XELMÍREZ I)

  O luns 15 de xaneiro abreuse o prazo de reserva de praza  para o

alumnado de 6º de EP que desexe continuar os seus estudos no centro

adscrito que temos asignado:  IES ARCEBISPO XELMÍREZ I .

O prazo de solicitude de reserva é: desde o 15 de xaneiro ata o 5

de febreiro de 2024.  As solicitudes pódense entregar no Centro ou a través da

aplicación online Tamén en calquera outro rexistro oficial como indica a Lei de

procedemento administrativo.

 

fce706_c7b9544dbb854258986510c6e22b3896_mv2-1 | CEIP Las Dunas

Todo aquel alumnado que non pretenda continuar estudos no IES XELMÍREZ I, deberá agardar ao mes de marzo e presentar a solicitude de praza en dito centro educativo.

 

ENLACE A ADMISIÓN ALUMNADO

IMPRESOS ED550A:

- SOLICITUDE DE RESERVA DE PRAZA NA E.S.O EN GALEGO

- SOLICITUDE DE RESERVA DE PLAZA EN LA  E.S.O EN CASTELLAN

 

 

 

Info Emprender Sticker by Kiki Agencia Creativa for iOS & Android | GIPHYXORNADA DE PORTAS ABERTAS PARA ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN 2024-2025

           

               VISITA VIRTUAL CEIP RAIÑA FABIOLA 

ALGÚNS DATOS SOBRE O NOSO CENTRO:

  *  Xornada continuada todo o curso: de 9:00 a 14:00h

 *   Colexio adscrito aos IES Xelmírez 1

*  0 CONCELLO xestiona:

 * Servizo de Madrugadores de 7:30 a 9:00h

* Servizo de Comedor de 14:00 a 16:30h

A ANPA xestiona:

*  Actividades extraescolares.

Para consultar a información relacionada coa ANPA,  poden acceder a 

 ANPA SARELA (C.E.I.P. Raíña Fabiola)

MAPA DA ZONA ESCOLAR  (é necesario ter instalado Google Earth)

PASOS A SEGUIR PARA SABER SI O VOSO DOMICILIO ESTÁ SITUADO NA  ZONA DE INFLUENCIA

 

IMPLANTACIÓN COMPLETA DA LOMLOE

 CURSO 2023 2024

A LOMLOE entrou en vigor en xaneiro de 2021 (20 días despois da súa publicación), pero a implantación das modificacións contempladas nela producíronse por etapas ao longo de tres anos (segundo o seu propio calendario de implantación), as modificacións introducidas no currículo, a organización e os obxectivos da educación primaria instauráronse para o primeiro, terceiro e quinto de primaria do curso escolar 2022-2023.

No curso 2023-2024 a súa implantación será completa.

DOG

BOE

Todos os libros de texto de 1º, 3º e 5º de primaria seguirán vixentes ao ser LOMLOE, por iso hai certas existencias do curso 22-23 no colexio para fondo libros.

Os libros de 2º, 4º e 6º de primaria ao ser de nova adquisición non hai existencias de fondo libros no centro.

 

 Leer Lectura GIF - Leer Lectura Leyendo - Discover & Share GIFs

ALERTA ESCOLAR

Alerta Temblor Sismo GIF - Alerta Temblor Sismo - Discover & Share GIFs

 

Alerta Escolar é un conxunto organizado de accións administrativas, informativas e operativas que pretende achegar unha atención sanitaria inmediata e eficaz a todos os nenos escolarizados de entre 0-16 anos, que padecen patoloxías crónicas susceptibles de descompensación con compromiso vital:

  • Crises alérxicas (anafilaxia) por exposición a alérxenos normalmente alimentarios.
  • Crises comiciais (epilepsia nas súas diferentes formas).
  • Crises diabéticas (en xeral, hipoglucemias).

 

Alerta Escolar pretende a coordinación entre o profesorado (facendo que sexa capaz de recoñecer a emerxencia médica provocada por un cadro agudo das patoloxías descritas, e de prestar unha primeira atención mentres non chegan os recursos adecuados) e a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

DOCUMENTACIÓN IMPORTANTE:

FORMULARIO

DIABETE     (ACTUACIÓN ENLACE)

EPILEPSIA

Urxencias sanitarias e atencion educativa

Libros de texto

 LIBROS DE TEXTO 2024-2025

 

La historia del currículum: la educación en los Estados Unidos a principios  del siglo xx, como tesis cultural acerca de lo que el niño es y debe ser. -  ADECUACIÓN CURRICULAR

 

AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

 Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre a Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/2023, que saíu publicada no Diario Oficial de Galicia o día 18 de maio de 2022. (código procedemento ED330B)

  

A INSTANCIA SERÁ ÚNICA PARA TÓDOLOS FILLOS/AS ADMITIDOS NO MESMO CENTRO. PÓDESE FACER:

  • DE XEITO MANUAL, RECOLLÉNDOA NO CENTRO OU DESCARGÁNDOA DA PÁXINA WEB.
  • NA APLICACION FONDO LIBROS  E REALIZANDO A PRESENTACIÓN BEN NA SEDE ELECTRÓNICA DA XUNTA DE GALICIA OU DE XEITO PRESENCIAL NO CENTRO.
  • A INSTANCIA SERÁ ÚNICA PARA PRESENTAR SOLICITUDE NO BANCO DE LIBROS DE 3º A 6º DE E.P, PARA SOLICITAR AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS E PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR.

 

  • Cursos aos que vai dirixido: 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria
  • Prazo de presentación de solicitudes: do 20 de maio ao 21 de xuño de 2024(este incluído).
  • As instancias pódense recoller na secretaría ou descargar da web do centro: INSTANCIA
  • Xunto coa instancia deberán entregar a documentaciónacreditativa .
  • FONDO: Para ser beneficiario desta axuda é condición indispensable ter devolto os libros de texto e/ou material reutilizable adquiridos coas axudas do curso 2023/2024, así como os libros prestados. A data  para a devolución dos libros é do 16 ao 20 de xuño e serán entregados aos seus titores ou titoras. Ata o día 9 de xullo o centro publicará unha relación provisional cos libros adxudicados a cada alumno/a. As persoas interesadas poderán formular reclamacións no centro os 2 días seguintes á publicación . A publicación das listaxes definitivas ata o 20 de xullo.
  • Renda per cápita igual ou inferior a 6.000 € : 6 libros de texto e renda per cápita entre 6.000 e 10.000 € : 4 libros de texto. Declaración da renda do exercicio 2020.
  • O centro entregará os libros asignados a cada alumno/a ao comezar o curso seguinte.
  • AXUDAS MATERIAL: Só para renda per cápita igual ou inferior a 6.000€ a axuda para material será de 50 € Para calcular a renda per cápita haberá que sumar os recadros 460+435 da declaración da renda do ano 2019 e dividilo entre o número de membros da familia (a día 31/12/2019). Os vales poderán ser recollidos do 4 ao 12 de xullo. En caso de extravío o centro nunca expedirá un novo vale.
  • Renda per cápita igual ou inferior a 6000 € axuda para libros de texto  vale por 210€ e renda per cápita entre 6.000 e 10.000€ axuda para libros de texto 140 €
  • RESUMO DO FONDO E AXUDAS.

 

O vindeiro día 11 de setembro, na aula e coa titora ou titor correspondente, farase entrega a todo o alumnado beneficiario do Fondo Solidario de libros de texto dos cursos de  3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria 

Walking HQ Image Free Sports Walking GIF

                

 

 LIBROS DE TEXTO E MATERIAL DIDÁCTICO PARA O CURSO 2024 - 2025

  


INFANTIL

LISTADO DE LIBROS DE INFANTIL 2024-25

Educación Infantil | Consolación

 

 

 

4º DE PRIMARIA – CEIP El Monte           5º DE PRIMARIA – CEIP El Monte                6º DE PRIMARIA – CEIP El Monte

 5º EI ( NORMAS E MATERIAL)

 

1º DE PRIMARIA

MATERIAL  ESCOLAR

                                          

 

2º DE PRIMARIA

MATERIAL ESCOLAR 

 

3º DE PRIMARIA

MATERIAL ESCOLAR

 

4º DE PRIMARIA

4ºMATERIAL ESCOLAR

 

 5ºA DE PRIMARIA

 

 MATERIAL ESCOLAR

6º DE PRIMARIA

MATERIAL ESCOLAR

COÑECE O NOSO CENTRO

 

Este ano  faremos visita presencial.

Podedes coñecer virtualmente as instalacións nas que aprenden disfutando os nosos nenos e nenas, a través das imaxes e vídeos seguintes.

Tedes aquí uns vídeos en 360º grados do CEIP Raiña Fabiola cos que poderedes ver as diferentes instalacións do centro. Recomendámosvos visualizar os vídeos en HD para velos en maior calidade.

 

          

ENTROIDO 2023

 

 

 ▷ Carnaval: Imágenes Animadas, Gifs y Animaciones ¡100% GRATIS!

 

Achégase o Entroido e querémolo celebrar no colexio. O tema que eleximos este ano ten que ver cos inventos e os/as inventores/aspor iso, pedimos a vosa colaboración para que os nenos e nenas, veñan disfrazados o próximo venres, 17 de febreiro. Poñede a funcionar a vosa imaxinación para crear ese disfrace que teña que ver con dita temática. Decirvos tamén, que a semana do 13 ao 16 cumpriremos cos mandatos do Meco.

Sabemos que en anos anteriores contabamos coa vosa aportación de doces típicos destas datas. Pero seguindo a norma do colexio de non compartir alimentos debido á pandemia, sentimos moito non poder

levar a termo dita actividade.

 

 

MANDADIÑOS DO MECO

 

SEN MEDIDAS DE DISTANZAMENTO

ÍMONOS DIVERTIR,

E OS MANDADIÑOS DO MECO

IMOS VOLVER CUMPRIR

 

 

Luns 13: 

 E como a troula e a festa,

Para nós comeza, 

Non esquezas poñer hoxe,

Algo diferente na cabeza.

 

Martes 14:

Nin Master Chef, nin pamplinas,

Nós queremos filloas e chuliñas!

Un mandil de cociña,

Traeremos á escola,

E uns calcetíns resultóns,

Que virán axustados por fóra.

Mércores 15:

É unha preguiza co frío,

Erguerse para aprender …

Por un día á escola,

A parte de arriba do pixama

Poderás traer …

A crise fai estragos

Hai que facer aforro,

Antifaces reciclados,

Faite para taparte os ollos

XOVES16

 Sede creativos e creativas,

Ide ao faiado e ao garaxe

E montade un atuendo rápido,

Con material de reciclaxe. 

 

 

    

SUSA HERRERA E MERCHI ROZAS

O pasado xoves día 22 Susana Herrera acompañada mestra de música Merchi Rozas realizaron unha actividade de contacontos para o noso alumnado.

 

MAGOSTO 2022

 

castanyada.gif

VENRES DÍA 11 DE NOVEMBRO

 

O próximo venres, 11 de novembro temos previsto celebralo Magosto con castañas, xogos populares e música, e sería un anaquiño máis doado se todas as familias nos botades unha man.

Gustaríanos que cada cativa/o trouxera unha ducia de castañas xa picadas antes do próximo xoves día 10.

Se houbese algún intolerante/alérxico/a, por favor, que llo recorde ao seu titor/a. 

Adiviña:

Unha cousiña cousa

criada no monte,

enxoita na casa

e comese sin tasa.

QUE É????????.... 

E......A DESFRUTAR DA FESTA E DAS CASTAÑAS

  O RAP DO MAGOSTO

 

 Brinca vai: Paco Nogueiras

 

 

06/09/2024

Queridas familias do Raíña Fabiola, comeza outro curso e queremos celebralo con vós! 

Estades todas e todos convidados ao "convivio" que organiza a ANPA Sarela nas instalacións que nos cede a Asociación Veciñal Río Sarela de San Lourenzo e Carme de Abaixo na Carballeira de San Lourenzo o día 13 de setembro as 16:30.  Será unha xornada adicada a coñecernos todos un pouco máis, recibir as novas familias que se incorporan á escola e, sobretodo, unha tarde para o desfrute da cativada. 

Esperamos que poidades asistir e, por favor, pregamos confirmedes asistencia no email anpa.rainha@gmail.com

 04/07/2024

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES ANPA SARELA CURSO 2024-2025

AVISO:

 

Dende a  ANPA SARELA DO CEIP RAÍÑA FABIOLA ponse en marcha un ano máis as actividades extraescolares co fin de intentar facilitar a conciliación das familias e ofrecer alternativas de lecer, deportivas e culturais para os nenos e nenas.

Como en anos anteriores as actividades serán xestionadas por AVANZA SERVIZOS ESCOLARES (691 475 060) 

  A inscrición nas actividades realizarase EXCLUSIVAMENTE DE XEITO TELEMÁTICO e por estrito orde de solicitude. O prazo de inscrición será entre o 20 de XUÑO ata o 15 de XULLO. 

  

 

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
Drupal theme by Kiwi Themes.