Skip to Content

Matrícula novo alumnado 2024/25

Estimadas familias,


Comunicámoslle que do 20 ao 30 de xuño de 2024 ábrese o prazo de matrícula do novo alumnado para o curso 2024/2025.
A información sobre a documentación e impresos están a súa disposición na secretaría do centro ou a continuación para a súa descarga.
Deberán presentarse presencialmente no centro no horario de luns a venres de 9:00 a 14:00 , tendo en conta que non se poderá acceder en horario de recreo (11:30-12:00) os días 20 e 21 de xuño de 2024.

Documentación matrícula

Solicitude formalización matrícula

Cuestionario lingua materna

Tarxeta identificativa

 

Así mesmo, poderán solicitar nese mesmo prazo o servizo de comedor e de transporte. Neste caso, a parada solicitada será a máis próxima ao domicilio onde figure empadroado/a o/a alumno/a. É importante que, xunto coa solicitude deba presentarse as autorización para a recollida do alumnado na parada.

Solicitudes servizo de comedor e transporte

AdxuntoTamaño
DOCUMENTACIÓN MATRÍCULA-1.pdf338.95 KB
ANEXO III MODELO FORMALIZACIÓN MATRÍCULA modelo proba.pdf354.37 KB
CUESTIONARIO LINGUA MATERNA-1.pdf338.87 KB
TARXETA IDENTIFICATIVA.pdf325.42 KB


page | by Dr. Radut