Skip to Content

Solicitudes servizo de comedor e transporte 2024/25

Estimadas familias,

Comunicámoslle que do 10 ao 20 de xuño de 2024 ábrese o prazo de solicitudes para o Servizos de Comedor e Transporte escolar do curso 2024/2025.

A información sobre documentación e  impresos estarán a súa disposición tanto na secretaría do centro como na propia páxina web –http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiprabadeira.

Deberán presentarse presencialmente na secretaría no horario habitual de apertura (luns de 09:00 a 17:30h e de martes a venres de 09:00 a 14:00h), tendo en conta que non se poderá acceder en horario de recreo (11:30-12:20) por motivos de seguridade.

En relación co comedor, os pagos terán que estar ao día no momento de presentar a solicitude, agás o meses de maio, que terán ata o día 20 de xuño para realizar o pagamento, e o mes de  xuño cuxo pagamento deberá realizarse no mes de xullo.

Solicitude comedor

Modelo autodeclaración

En canto ao transporte, a parada solicitada será as máis próxima ao domicilio onde figure empadroado/a  o/a alumno/a. É importante que, xunto coa solicitude e outra documentación que se requira, deban presentarse as autorizacións para a recollida do alumnado na parada ou para que baixen sós (5º e 6º de primaria).

Solicitude transporte

Itinerarios transporte 2024/25

Autorización recollida bus

Autorización para baixar só con irmán

Autorización para baixar só

Solicitude excepcional de transporte



A dirección do centro.

 

 

AdxuntoTamaño
SOLICITUDE COMEDOR 24-25.pdf328.43 KB
MODELO AUTODECLARACIÓN 24-25.pdf451.22 KB
SOLICITUDE DE TRANSPORTE 24-25.pdf537.69 KB
ITINERARIOS TRANSPORTE 24-25.pdf520.26 KB
AUTORIZACIÓN RECOLLIDA BUS-1.pdf282.27 KB
AUTORIZACIÓN PARA BAIXAR SÓ CON IRMÁN.pdf496.69 KB
AUTORIZACIÓN PARA BAIXAR SÓ 24-25.pdf522.74 KB
SOLICITUDE EXPECIONAL TRANSPORTE 24-25.pdf424.44 KB


page | by Dr. Radut