INICIO DE CURSO
Atentos todos a información de Inicio de curso.
Estade pendentes ás informacións que vos irán chegando polo Whatsapp do centro.
O día 10 de setembro empezará Infantil de 3 e 4 anos e 1º, 2º e 3º de Primaria.
O dia 11 o resto do alumnado.
No autobús terán asentos fixos asignados e no porche estarán en zonas separadas por cursos.
É obrigatorio o uso de mascarilla xa desde a subida ao autobús escolar. Ademais hai que ter outra/s de reposto nun estoxo específico para ela/s.
No colexio hai xeles hidroalcohólicos distribuídos por todas as aulas, non obstante, se queredes cada neno pode traer o seu pequeno bote de xel propio para uso persoal.
Non se permite a entrada ao recinto de ningún acompañante. Só exceptuamos os primeiros días a un acompañante de cada pequeno de 3 anos que empeza no colexio, a unha zona asignada e sempre con mascarilla.
Permanecede atentos a esta páxina a ao Whatsapp.