Esquema semanal

  • BIBLIOTECA CEIP PRAIA XARDÍN


    • E-ELBE.2. LECTURA DIXITAL PARA AS BIBLIOTECAS ESCOLARES  E FAMILIAS

      ELBE

      E-ELBE 2. é un novo servizo co que contamos as bibliotecas escolares dos centros educativos galegos de titularidade da Consellería, integrados no PLAMBE. Trátase dunha plataforma de lectura e préstamo de contidos dixitais que enriquecerá as coleccións da biblioteca con variedade de formatos (libros, audiolibros, podcast e outros) en todo tipo de dispositivos (computador, dispositivos móbiles), en calquera momento e lugar, online e offline, para todos os usuarios (profesorado, alumnado e familias) que conten co carnet de usuarios das bibliotecas escolares.

      Podemos acceder á plataforma desde a aula virtual (CATÁLOGOS- PRÉSTAMO DIXITAL). Realizaremos a nosa procura mediante o botón de Vista previa, onde podemos acceder ás primeiras páxinas dos títulos para facernos unha idea antes de decidirnos a coller en préstamo. Esta previsualización pode realizarse sen necesidade de estar autenticado na plataforma.

      Unha vez nos decidimos por un título en particular, poderemos obter a lectura co contrasinal persoal que  temos que solicitar na biblioteca do centro. Cada alumno/a poderá obter un préstamo simultáneo de dous títulos e un total de 10 durante o curso, así como as familias e profesorado.

      Esperamos que disfrutedes das lecturas dixitais máis variadas e actualizadas!




    • día das escritoras é unha conmemoración promovida pola Biblioteca Nacional de España xunto á  Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e a Asociación Clásicas y Modernas. Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das autoras a través da historia a partir da lectura de fragmentos representativos das súas obras.

      Esta celebración lévase a cabo o luns máis próximo á festividade de Teresa de Jesús, o 15 de outubro.

  • EXPLORANDO A CONTORNA

    POLO RÍO ABAIXO VAI ...

    URL: 6 Cartafol: 1 Páxinas: 3 Podcast: 1 Etiqueta: 1
  • Libro: 1 Ficheiros: 3
  • RECURSOS PARA O SAMAÍN.

    Páxinas: 4
  • ... chámase ciencia e é unha das ferramentas máis poderosas que desenvolvemos os seres humanos para tratar de comprender como está organizado e como funciona o mundo. Xurxo Mariño Alfonso

  • Páxinas: 3