DESPEDIDA
Ola a tod@os!
O curso remata!
Foi un pracer compartir con vos estes meses, espero que para vos tamén, que aprenderamos moito xuntos e o pasarades moi ben.
Foi un curso diferente e difícil pola situación que nos tocou vivir, pero todos merecedes o meu aplauso e admiración igual que as vosas familias polo compromiso e traballo realizado.
Non sei como será o próximo curso pero sería unha gran satisfación volver a aprender xuntos. Se non pode ser seguide medrando con esa FE, ESPERANZA e ALEGRÍA e sede moi felices no novo curso na clase de RELI.
Un saúdo moi especial para Gael e Viktoria, os meus mellores desexos para esa nova etapa que iniciades.
MOITO ÁNIMO e MOITA SORTE!
COIDÁDEVOS MOITO E SEDE FELICES.
Con todo o meu amor,
Chefa.