DÍA DAS LETRAS GALEGAS: PROPOSTA DO DNL

Esta semana, o Departamento de Normalización Lingüística, proponnos a seguinte actividade en relación co día das letras galegas:

 

Elabora un debuxo (tamaño, material, formato(manual ou dixital), e decoración libres) onde aparezan:

- O arco da vella, símbolo dos tempos que vivimos. 

- A palabra galega que máis bonita lle pareza á túa familia. 

- O hagstag #nacasafalamosgalego.

Envíalle o teu traballo á túa titora da forma habitual. Pode ser o traballo escaneado, ou unha foto, ou unha foto túa ensinando o traballo, antes do 21 de maio. 

 

Darei tempo, a semana que vén (a sesión de plástica ou unha de lingua galega), para facer este traballo. Non obstante, publícovolo agora, por se queredes ir pensando ideas ou comezando.

Tedes o cartel da actividade nos datos adxuntos. 

 

 

AdxuntoTamaño
LETRAS GALEGAS 2020.jpg239.94 KB