LEANDRO LAMAS. Paso a paso.
BIOGRAFÍA de LEANDRO LAMAS.
Leandro Lamas Ermida, nado en Narón o 14 de xaneiro de 1973, é un pintor, ilustrador, actor e director teatral galego.
A súa primeira exposición tivo lugar en Ferrol no ano 1998. Desde entón expuxo en varias outras cidades de España e Portugal. O seu estilo é naíf e caracterízase polo emprego da cor e pola representación da vida familiar, campesiña...
Leandro Lamas realizou portadas de discos, entre eles: “Pandeiromus”, “Malvela” e “Amparo Arias”.
Tamén fixo carteis, muráis e ilustracións de diversos libros, como: Canta o cuco, Escola das emocións, O conto do Apalpador, O xardín de Irene, Pompas de cores, Sopla en este agujerito, Versos en flor ou Yo también soy fuente.
Na actualidade, pinta cadros personalizados. A persoa que lle encarga o cadro cóntalle as súas anécdotas, gustos, aficións e o que queira contar e, Leandro Lamas, “ilustra” a súa historia, enchéndoa de vida e cor.
No seguinte enlace, preséntanse varias pinturas de Leandro Lamas con música de GUADI GALEGO e GUILLERMO FERNÁNDEZ.
https://www.youtube.com/watch?v=RYj3vgWlRcA
E, nos arquivos adxuntos, preséntanse tres obras do artista PASO A PASO. Animádesvos a facelas?
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Paso a paso NENAS NA PRAIA .pdf | 311.2 KB |
Paso a paso NENA NO COLUMPIO.pdf | 468.6 KB |
Paso a paso AVOA COA NENA NO COLO.pdf | 339.87 KB |