MATEMÁTICAS
Imos empezar coas áreas dos corpos redondos da páxina 171, que deixaremos os exercicios para mañá, porque antes de empezar debemos refrescar a memoria e ter algunhas cousas claras.
Para elo déxovos uns apuntes e uns vídeos que vos axudarán. Os vídeos podedes velos se pinchades en MATEMÁTICAS 6º
Sería moi beneficicioso para vós se fixérades os vosos propios apuntes, ordenados e claros para logo abordar os exercicios sen problema.
Tendes que ter claros antes de empezar os seguintes conceptos:
- Circunferencia
- Círculo
- Radio
- Diámetro
- Área do círculo
- Perímetro da circunferencia
- Número Pi
Unha vez que teñades todo isto claro xa seredes quen de calcular as áreas do cilindro, do cono e da esfera