O martes 23 de abril, Día do Libro, Xabier Domínguez, escritor, profesor e editor, desenvolveu un encontro co alumnado de 6º de Primaria no salón de actos do centro. Foi estupenda a coincidencia da conmemoración e do encontro co autor.
Durante o segundo trimestre traballamos a lectura libro "Segredos soterrados" de Alba de Evan e Xabier Domínguez.
O escritor explicounos o proceso de creación dun libro con dous autores, a importancia da industria da edición para xerar riqueza e emprego e falou de detalles sobre as dúas historias que conforman a acción: unha con bases históricas e outra coa fantasía necesaria para atraer aos lectores.
Despois de responder as preguntas dos lectores, Xabier asinou os exemplares de cada un. Un encontro moi especial!