Skip to Content

ERASMUS+

 

PROA+

EDUEXCHANGES

PLAMBE

FONDOLIBROS 2024 - 2025

No DOG do día 20 de maio de 2024 pulblícase a Orde pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2024/25.

Destinatarios:

Fondo solidario de libros de texto: alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de EP durante o curso 2024-25.

Axudas para adquirir libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de EP e en educación especial durante o curso 2024-25.

Axudas para adquirir material escolar: alumnado matriculado en EP durante o curso 2024-25.

A instancia é a mesma para todos os cursos. Lembramos que só se presenta unha instancia por familia se non se fai por vía telemática.

prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte hábil ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 21 de xuño de 2024 (este incluído).

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía telemática no formulario normalizado (anexo I e II) dispoñible:

- Na  aplicación informática Fondolibros.

- A través da Sede electrónica da Xunta de Galicia.

- Formularios de presentación Anexo I e II e Anexo II (No anexo II deberán aparecer todos os membros da unidade familiar menos a persoa solicitante que xa asina no anexo I. Polos menores asinan os proxenitores. Se non caben todos os membros no anexo II, presentaranse tantos anexos como sexan precisos debidamente asinados).

De non ser posible a presentación telemática, poderanse presentar no centro con cita previa, en horario de secretaria.

Toda a documentación terá que vir asinada e coas fotocopias necesarias (no centro non se farán fotocopias). Terán que traer os orixinais para o seu cotexo.

 

Documentación necesaria

 

Data listaxes provisionais: 26 de xuño.

 

HORARIO DE SOLICITUDE DE CITA PREVIA, telf:  981255330 de 09:00 a 14:00

 



story | by Dr. Radut