Skip to Content

ERASMUS+

 

PROA+

EDUEXCHANGES

PLAMBE

FONDOLIBROS - LISTAXES PROVISIONAIS

Xa están publicadas as LISTAXES PROVISIONAIS de admitid@s e excluíd@s do Fondo de libros que poderán consultarse no taboleiro do centro, ou a través da aplicación fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital. Non se publicarán na web, debido á lei de protección de datos.

O prazo de reclamación a estas listaxes abrangue os 2 días, hábiles, seguintes á publicación.

As listaxes definitivas serán publicadas o 3 de xullo. A súa consulta será igual que nas listaxes provisionais.

A entrega @s beneficiari@s dos VALES para a adquisición de libros de texto e/ou material será os días 3, 4 e 5 de xullo, en horario de secretaría, de 9:30 a 11:30 (Non hai que pedir cita).

Os vales que non sexan entregados nestas datas poderán recollerse en setembro. 

No caso de non poder asistir os titores legais á recollida do vale, poderán autorizar a outra persoa que terá que traer a autorización e a copia do DNI da persoa que autoriza e da persoa autorizada

A entrega dos libros correspondentes ao fondo farase en setembro, nos primeiros días de clase.

RECOMENDACIÓNS LECTORAS VERÁN 2024

MATRÍCULA NOVO ALUMNADO CURSO 2024-2025

FONDOLIBROS 2024 - 2025

 

ADMISIÓN ALUMNADO - LISTAXES DEFINITIVAS

RESOLUCIÓN DEFINITIVA

As listaxes definitivas pódense consultar no taboleiro do centro ou na aplicación admisiónalumnado (empregando a chave 365 ou o certificado dixital). Non se publicarán na web, debido a lei de protección de datos.

Contra esta resolución, cabe recurso de alzada ante o Xefe Territorial da Delegación Provincial de Educación, no prazo dun mes contado desde o día seguinte a súa publicación.

 

O PRAZO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA SERÁ DO 20 AO 30 DE XUÑO

documentación a presentar para a formalización da matrícula é a seguinte:

Outros:

  • 4 fotografías tamaño carné.
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria.
  • Certificado médico (só para os alumn@s de 3 anos e os que procedan do estranxeiro).

AXUDAS NEAE

Comunicamos que está aberta convocatoria de axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2024-2025. Para máis información sobre o procedemento poden consultar a web do Ministerio de Educación.

 

As solicitudes preséntanse na secretaría do centro con cita previa, do 6 de maio ao 13 de setembro.

ADMISIÓN ALUMNADO. LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS

Procédese á publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos para o curso 2023/2024 das solicitudes presentadas en prazo.

Estas listaxes pódense consultar no taboleiro do centro ou na aplicación admisiónalumnado (empregando a chave 365 ou o certificado dixital). Non se publicarán na web, debido a lei de protección de datos.

Poderase formular reclamación ante o consello escolar no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte día ao da súa publicación.

Publicación de listaxes definitivas antes do 15 de maio.

O prazo de formalización de matrícula será do 20 ao 30 de xuño.

BOLSAS MUNICIPAIS DE COMEDOR

ADMISIÓN ALUMNADO 2024-25

Finalizado o prazo de presentación de solicitudes de admisión de alumnado para o vindeiro curso escolar 2024/2025, comunícase:

As solicitudes para 4º de Educación Infantil presentadas en prazo están todas admitidas.

Por outra parte, a familia do alumnado que solicitou praza en 3º de Educación Primaria deberá presentar a documentación complementaria xustificativa dos méritos alegados (se non a entregaron xunto coa solicitude de admisión) para realizar a baremación, xa que non hai vacantes dispoñibles.

O prazo de presentación desta documentación, é do 21 de marzo ao 5 de abril. A presentación dos xustificantes dos criterios de baremación ten carácter voluntario.

- Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos en cada un dos cursos: o 25 de abril (no taboleiro do centro educativo ou en sede electrónica).

- Publicación das listaxes definitivas: o 15 de maio.

- Prazo de formalización da matrícula para os admitidos será do 20 ao 30 de xuño.

 

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

Distribuir contido


by Dr. Radut