Skip to Content

Maletas viaxeiras proxecto "Os bebés"

 

As maletas viaxeiras comezaron a súa andaina !!! 

Logo de ter traballado no centro o proxecto "Os bebés" preparamos 2 maletas (unha para Ed. Infantil e outra para Ed. Primaria) con lecturas relacionadas  co tema, entre outras: "Mamá puso un huevo" "Un conto de cegoñas" "Mamá ti si que me entendes" "Baby pop" " Eu tamén son fonte"...   

Organizamos tandas para posibilitar que todo o alumnado do centro dispoña durante uns días da maleta na casa e así poder compartir na súa contorna familiar todas as aprendizaxes e descubrimentos que nos aportaron a lectura destes libros.

Son moitos os obxectivos que pretendemos coa posta en marcha das maletas viaxeiras relacionadas cos proxectos de centro: compartir descubrimentos e aprendizaxes , proporcionar ás familias recursos para abordar determinados temas, visibilizar na comunidade escolar o traballo que se está a facer dende a biblioteca do centro...  

Dada a boa acollida das maletas viaxeiras tanto por parte do alumnado (que agarda pacientemente o seu turno) como por parte das familias é moi probable que este recurso xa forme parte da dinámica de funcionamento da nosa biblioteca escolar.

 



page | by Dr. Radut