Neste curso estamos a participar no proxecto Vexo, Veo Xacobeo.
Nestes dous trimestres foron moitas as actividades e contidos traballados arredor da "Lenda da raíña Lupa. O Camiño da Pedronía" (tramo do camiño de Santiago a Padrón).
Neste momento, o alumnado xa está en disposición de transmitir e compartir coa comunidade educativa todas as aprendizaxes polo que convidamos ás familias a participar no descubrimento das mochilas vaxeiras "O camiño de Santiago"
Contido das mochilas:
-
2 Contos do camiño: para escoitar, ler remirar,buscar...
-
4 Tarxetas/vocabulario con diferentes representaciós de elementos do camiño: para ler, preguntar...o alumnado pode facer partícipe ás familias de todo o que aprendeu, das curiosidades...
-
1 representación dun elemento significativo do Camiño Santiago: a mouteira/a cuncha/ a cabaza.
-
1 pasatempos: buscar os elementos do camiño nunha ilustración
-
1 mandala de cuncha de peregrino: para pintar,recortar e enviar ao cole para a nosa exposición.
-
1 marcapáxinas: para decorar e utilizar cos contos
-
1 álbum de fotos: para recordar,compartir... as saídas, as actividades, a elaboración dos murais...
-
1 caderno de visita: unha pequena libreta do camiño onde os membros da familia que participe nalgún momento lendo,escoitando,preguntando...poden deixarnos a súa sinatura, un comentario, unha dedicatoria...
A intencionalidade destas mochilas é contaxiar a nosa comunidade educativa do entusiasmo do alumnado co proxecto Vexo, Veo Xacobeo...
Bo camiño!!!