Titoriais

Letra de molde

Algunhas e algúns seguimos a preferir ler que ver vídeo titoriais e, por sorte, aínda podedes ler algúns traballos de interese. Unha mínima escolma:

1. Ines Andrés ven de publicar no portal "en la nube TIC" un artigo/titorial que titulou "Moodle básico, para quienes se pelean con Moodle". Non pretende formarnos para inciar o traballo na aula senón clarexar algunhas dúbidas que podemos ter e mostrar esas cousas "que temos que saber para pelxear co Moodle". Con estes consellos de Ines podedes ter uns cursos moi ben presentados e agradables de ver.

2.- Raiola Networks (unha empresa de servizos de internet) comparte un manual de interese para achegarse a Moodle pero saltarse a parte da instalación do sistema (rInDI' tlhInganpu'*)

3.- Tamén temos en Calaméo un "mini" manual de moodle.