Titoriais

Para compartir co alumnado e familias

En youtube existen múltiples guías de iniciación para o alumnado. Case que todas proceden de países onde a plataforma leva máis tempo sendo utilizada con regularidade: México, Arxentina, Chile,...

1.- Moito do noso alumnado accede á aula virtual cunha tableta ou un móbil. Este é un titorial para usar a app de Moodle dispoñible para o tabletas e móbiles co sistema operativo Android e para móbiles e tabletas de Apple. 

 

,

2.- Para o alumnado que utilice un navegador de internet para acceder a nosa aula virtual podémoslle compartir este outro vídeo:

,

Un consello que tamén podemos compartir: se precisas entender mellor algún concepto da aula virtual abre un buscador, fai unha procura tipo Moodle + o que queres aprender e terás unha boa resposta se fixeches unha boa pregunta.

Podes utilizar buscadores como o de Duckduckgo*, ou os máis clásicos (devoradores dos teus datos privados) como o de Google (que é o que usan todas as máquinas de Apple -Safari busca en google- e tamén case que todas as máquinas que usan Android) ou o Bing de Microsoft (por defecto é o que usan as máquinas con Windows)

Tamén podes facer a mesma procura en youtube e ver un titorial de vídeo.

 

* Duckduckgo é un buscador que non persigue apropiarse dos nosos datos privados nin dos do alumnado. O negocio dos buscadores son os nosos datos privados. Ligazón.