Ir un chisco máis alá.

Probablemente o maior problema de moodle sexa a increible cantidade de posibilidades que ofrece.

Outras plataformas de formación a distancia elearning céntranse en ofertar só algúns elementos pero facelo dun xeito moi amigable.

Algunhas tiran do potencial base da empresa cas fornece como clasroom de google ou learn academy de microsoft. Outras forman parte de todo un imperio da educación como khan-academy.

Pero o maior problema de moodle e tamén a súa maior fortaleza: existen múltiples opción xa que calquera pode engadir novas opcións.

Se andades a procurar un algo máis achégo algunha referencia das 55.800.000 que ofrece google.

11. Base de datos

11.1. Creando unha base de datos. I

As bases de datos son ferramentas potentes e complexas.

A base de datos que creamos en Moodle son moi simples xa que só conteñen unha única táboa bidimensional chamadas rexistros (filas) e campos (columnas na vista de táboa bidimensional).

Como case que todos os procesos na aua virtual este da base de datos realízase en varios pasos.

1º Crear o esqueleto que da o soporte

2º Crear as as columnas (os campos)

3º Crear as vistas e formularios da base de datos

4º Introducir os datos en si, os rexistros (filas)

Imos ver un exemplo:

- Abrimos o noso curso da aula virtual

- Activamos a edición

- Seleccionamos engadir unha actividade

Escollemos a actividade de base de datos.

 e móstrase o formulario típico para unha nova actividade

♦  Indicamos o nome e máis a descrición

♦  A continuación aparece un apartado non coincidente coas outras actividades:

* Se activamos "solicitar aprobación" as entradas do alumnado deberán pasar pola nosa supervisión previamente a ser visibles.

* Entradas requiridas fai referencia o menor número de achegas que debe facer unha persoa antes de que as súas achegas se fagan públicas as compañeiras e compañeiros.

* Entradas máximas limita o número de achegas que pode realizar cada individuo.

♦  Os seguintes apartados son semellantes os de outro tipo de actividades agás un ítem do apartado de puntuación que é propio das bases de datos.

Dado que cada persoa participante pode facer varias achegas temos que poder facer unha cualificación do conxunto das achegas. Dependendo do caso escollemos unhas ou outras:

sen puntuación:      actividade non cualificable.

media puntuacións:  
puntuación máxima:   teremos que cualificar cada
puntuación mínima:   unha das entradas.
Suma de puntuación:

Numero puntuacións:    a AV reconta cantas entradas aceptadas
                     logra cada persa participante.

rematamos o formulario e pulsamos en gardar e presentar