SEMANA DO 4 AO 8 DE MAIO

Bo día pequerrechos e pequerrechas!

Que tal de ponte? Espero que puidesedes gozar das pequenas saídas en familia e do bo tempo que está a facer.

Déixovos as novas actividades para esta semana. Como xa sabedes, tedes que clicar nas ligazóns para velas.

Actividade 1: Realizo un instrumento musical: XILÓFONO. (O colorante é opcional, pero moitos seguro que o tedes de facer a actividade de crear o arco da vella coas vosas profes).

Actividade 2: Ritmo: utilizo as mans e folios de cores.

(Empregar folios de cores axuda a non perdervos, podedes facer a actividade en familia, poñendo ritmos máis sinxelos para os nenos e nenas de 3 anos, e un pouco máis complexos para os de 5 anos).

Actividade 3: Baile: "El baile del cuerpo".

Actividade 4: Expresión corporal e canto: Al compás de una muñeira.

Espero que vos gusten as actividades. Agardo os vosos vídeos e fotos. 

Unha aperta enooormee! E moitísimos bicos da profe Yolanda!