ACTIVIDADE 5º INFANTIL: UN MUNDO DE CORES

Oooola, amiguiñas e amiguiños da profe Marina!!! Estades beeeen?? Alégrome moito de falar con vós!!! Como sei que vos gustan os contos vou a mandarvos un precioso: chámase "Mundo de cores". A nena do conto chámase Diara, a súa mamá é galega e o seu papá dun país de África que se chama Senegal. Diara di que é "senegalega".

Mándovos o enlace ao conto:  https://www.youtube.com/watch?v=mym9049e8Kl&feature=youtu.be

Envíovos tamén dúas imaxes moi bonitas do conto, para que fagades o debuxo dalgunha delas, a que máis vos guste. E se hai outra imaxe do conto que vos guste máis podedes debuxala.

Espero que o conto vos encante!!! Un biquiño...de moitas cores!!!

Conchi