BENVIDA

Boa tarde!

Para comenzar este terceiro trimestre, gustaríame explicarvos como se vai desenvolver.

Como sabedes, en educación infantil hai unha sesión semanal de música, materia que lles encanta aos pequenos e pequenas.

Co fin de non perder o fío, pero sobre todo de pasar un momento de diversión, vou propoñer semanalmente distintas actividades para que poidades facer na casa.

Agardo que vos gusten e que nos poidamos ver pronto!

Un saudiño e moitos bicos da profe Yolanda.