SEMANA DO 18 AO 22 DE MAIO

Bos días.

Déixovos as actividades para esta nova semana.

Actividade 1. Instrumento musical.

Esta semana déixovos que me sorprendades a min con instrumento musical que elixades.

A idea é a seguinte, ides escoller o instrumento musical que máis vos guste e fabricádelo, pintádelo, tocádelo... quero saber cal é ese misterioso instrumento preferido por vós!

Actividade 2. Ritmo: Epo I Tai Tai

Actividade 3. Baile: Borboletinha.

A canción é a que deixei enlazada e vai por un lado, pero a idea é que montedes no chan un cadrado coma o seguinte, e bailedes algo similar. Podedes inventar vós un baile diferente. Mirade os distintos exemplos e inspirádevos:

https://www.youtube.com/watch?v=kgn0F8OyAdY

 https://www.youtube.com/watch?v=hLJ9RvONzrc

https://www.youtube.com/watch?v=kD0Sc4-UwWU

Actividade 4. Expresión corporal e canto.

Non vos olvidedes de que aquí bailades e cantades vós como queredes. Pero podedes seguir o baile de zumba.

Xa queda pouquiño de curso, así que moito ánimo pequerrechos e pequerrechas! Estades a facelo moi ben!

Mándovos un bico grande grandííííísimo!