SEMANA DO 15 AO 19 DE XUÑO
Bo día pequerrechos e pequerrechas!
Como ben sabedes, esta semana é a última do curso. Dame moita pena que remate, pero tedes merecidas unhas boas vacacións, xa que traballastes moito ata agora e superastes esta situación de clase a distancia con éxito.
Por este motivo, non quero poñer máis traballo, e tan só quero despedirme propoñendo unha última idea para celebrar a fin das clases.
Que vos parece se mesturamos todo o que fixemos ata o de agora e bailamos un musical de fin de curso?
Xa que o proxecto do cine foi o traballado durante todo o curso, gustaríame que collésedes a canción que mais vos guste da vosa peli favorita, e que a toquedes cos instrumentos que creastes, con ritmos que vimos durante o curso (tanto corporais como con obxectos), que bailedes, cantedes e sobre todo gocedes!
https://www.youtube.com/watch?v=0ghJid6U4Pg
Estou encantada de ser a vosa profe e moi orgullosa de todos/as e cada un de vós. Espero vervos moi pronto e que pasedes un gran verán!!
Miles de bicos e apertas meus bonequiños/as!!
A profe Yoli botaravos moito de menos...