Skip to Content

ANFA. RESULTADO DA XUNTANZA

Booooas familias!

Recuperados todos da calor que pasamos na tarde de onte?

Non quixemos deicar pasar a oportunidade de mostrarvos un resumo do que fixemos e do ben que o pasamos.

Demos comezo cos prepatarivos polas catro da tarde, a paritr das catro e media foron chegaando as primeiras familias e as 17:15 horas demos comezo á primeira das actividades dos monicreques.

Unha obra para nada "normal", unha versión do tan coñecido conto de caperuchiña vermella pero que nada tiña que ver coa versión orixinal, fíxonos rir moito a nenos e non tan nenos.

Os pequenos participaron dende principio a fin e interactuaron durante toda a actuación co intérprete. O finalizar repartiron pegatinas entre os nenos asistentes.

GRACIAS POLO BO PEDAZO!

De cara as seis da tarde pasamos á merenda...menuda merenda! Todas as famiias viñestedes cargadas e entre todos colaboramos como se pediu. Catro mesas repletas de comida e bebida, había de todo, moita moita variedade. 

GRACIAS FAMILIAS!

 

Antes do previsto, ás sete da tarde, @s nos@s nen@s comezaban a arrimarse as vallas e berrar "QUEREMOS POMPAS, QUEREMOS POMPAS!, asíque o espectáculo comezou e a praza dos fornos encheuse de pompas!

As caras de asombro dos pequenos diciano todo, Jorge, o artífice, sacaba mil e un aparellos e as pompas saían variopintas.

Por varias veces pediu voluntarios e todos querían sair.

Tras o seu espectáculo deu comezo o taller, no que as nenas e os nenos pasaron un bo pedazo "pompeando" e probando as formas e os tamaños de tantas maneiras que puideron facelo.

 

GRACIAS WILLY POMPER!

 

Dende a ANPA quedamos moi content@s co resultado e sobre todo coas caras de entretenimiento dos nos@s nen@s, pero sin a colaboración aportada seguro que non sairía tan ben. 

un saúdo!



page | by Dr. Radut