Skip to Content

ANPA. FOTOGRAFÍA ESCOLAR

Familias!

Esta mañá tivemos no cole a visita de Eduardo que nos traía todos os packs das nenas e nenos que autorizasteis para facer as fotos.

Organizamolos por cursos para telos á man cando pasedes a velos ;)

Tamén vos enviamos unha carta para que sepades como faremos a entrega no caso de ser así.

--------------------------------------------------------------------------------------

Boas familias!

            Dende a ANPA queremos informarvos de que a partir  de hoxe mércores 10 xa temos nas nosas mans os packs básicos do traballo de fotografía escolar.

            Acordamos que podedes pasar a velos este próximo venres 12 de maio no local da ANPA do cole en horario de 14:45 a 15:55 horas, alí poderedes  valorar se os adquirides ou non. No caso de querelo, xa o poderedes levar nese momento. Existe a posibilidade de que nalgún caso alguén prefira o pack “orla”, sendo así, teriades que deixalo encargado e sería o fotógrafo quen nuns días nolo fixera chegar para entregárvolo.

            Lembrade, os prezos eran de 15 euros o pack básico e de 17 euros o de orla; pagando só 5 euros máis no caso de dous irmáns.

            NOTA: se a alguén lle resulta imposible pasar polo cole ese día e nese horario, podedespoñervos en contacto con nós neste número de teléfono 606104487 para acordar a entrega e o pagamento canto antes.

------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Esperamos que quededes content@s.

un saúdo!



page | by Dr. Radut